Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Cruceiro da Casa de Vilas en Cacabelos (Vilariño)
Sindo Mosteiro / 5,362 items
O cruceiro que para a Casa de Vilas labrou o canteiro Fran Vaamonde no ano 2002 é un raro exemplo de cruceiro ao xeito bretón máis que galego. Está composto por unha plataforma de dous pasos sobre os que se ergue o dado que presenta algúns elementos decorativos a base de diferenzas de textura, achafranados, molduración de media cana e pomas nas esquinas da aresta superior. Iníciase o varal con sección cadrada nun breve tramo decorado con textura áspera no entrepano de cada cara, continuando con sección circular ata o remate, enlazando no corpo que substitúe ao capitel por medio dun bocel. A media altura un anxo porta unha cuncha. Este novo corpo semellante a modelos bretóns prolonga en horizontal desde unha cuncha de vieira central para enlazar dúas ménsulas molduradas rematadas en poma que serven de soporte ás figuras de María e Xoán, con xesto de dor expresado co cruzamento das mans, presentes na crucifixión de Cristo. Este está cravado na cruz ao xeito tradicional.

MÚSICA: Spagnoletta - Michael Praetorius
youtu.be/r6Qy3yRF-UA
Popularity
  • Views: 1119
  • Comments: 0
  • Favorites: 1
Dates
  • Taken: Aug 22, 2022
  • Uploaded: Aug 30, 2022
  • Updated: Feb 19, 2024