Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Procuran nos castelos efectos de lus
Sindo Mosteiro / 5,362 items
Viaxando polas terras galegas veredes o solpor por riba dun val verdecente ou batidas polo aire dos cumes nas terras outas de toxos e bidueiro, as escanastradas figuras dos castelos feudais.
Xa ninguén fai caso deles: pasou o tempo romántico cando os rapaces pálidos se namoraban da dona loira feita de liño e sol; pasou a treboada revolucionaria, tempo de ouveos e declamacións que acantazaban con verbas vitorhuguescas ós feitores dos foros e da escravitude dos labregos. Hoxe os castelos coma os mosteiros, esmorénanse pouquiño a pouco na fonda soedade dos montes. A natureza indeferente e unha migalla tamén irónica, vai cubrindo de vexetación as pedras feudais. Os turistas procuran nos castelos efectos de lus.
(...) Moitos teñen medo ós castelos dos seus avós; millor está o moucho na torre, a pereira brava na barbacana.
A nobreza feudal de Galicia foi forte, individualista, fantasosa, lambona e aventureira. O correr dos séculos de estrondo guerreiro floreceu en dinastías cáseque reais. Ningunha chegou a selo porque non puido domar as testas ergueitas de veciños e parentes.
A mor porción da máis cerne nobreza española vén das terras esgrevias ou doces de Galicia sen ter en conta as castes que se afundiron no pobo eterno e perderon o nome e a cuña como se afunden os castelos no seo garimoso da terra nai.

Ramón Otero Pedrayo, "Niños de aguias" en Vida Gallega, maio 1926.

MÚSICA: Jacques-Martin Hotteterre - Rondeau Le Plaintif (1715), interpretado por Frans Bruggen, Sigiswald Kuijken e Gustav Leonhardt
youtu.be/nz1YjEfm4vs
Popularity
  • Views: 1863
  • Comments: 8
  • Favorites: 24
Dates
  • Taken: Feb 25, 2019
  • Uploaded: Jul 12, 2019
  • Updated: Apr 22, 2023