Veño de asistir a un acto de xustiza para con Lino Silva, e é que hoxe lle deron o premio Cabanillas no Auditorio Municipal de Cambados. Parabéns Lino, mereces esta distinción e moitas máis polo teu traballo incansable, cheo de talento e fóra de calquera liña de moda e corrente artística imperante.
Creo que coñezo a Lino desde sempre, xa que a súa casa e a miña non as separaba máis que unha pequena congostra e desde os cinco ou seis anos xa empecei a levar o pan da panadería dos meus pais ao Bar Silva, dos pais de Lino, á Casa Rosita, no remate da rúa, e a outros veciños. Xa establecido o seu estudio na vella casa de Bautista, eu adoitaba pasar moito tempo con el pasmado desde os meus poucos anos coa capacidade de crear coas súas mans sobre o barro e sobre o lenzo, que por suposto procuraba imitar. Aínda lembro unha volta en que Lino e Manolo Paz, que traballaban xuntos neses dias, me puxeron a debuxar unha maternidade cun aire brancusiano en papel de gran formato. Eu xa me sentía un artista máis no medio daqueles dous formidables creadores. Acompañábao tamén con frecuencia nos seus paseos de exploración naturalista, recollendo insectos para a súa colección e todo tipo de restos, especialmente ósos, cos que poder artellar algún artefacto singular só posible no seu pensamento libre. O último día que lembro destes safaris cambadeses enredamos coa bichería do monte da Pastora e baixamos polo camiño do Castro en dirección ao Cruceiro, onde atopamos unha enorme femia de mantis, da que me contou algunha historia curiosa, tras o que me soltou o dito de "Nunca te acostarás sin saber una cosa más" que nunca oíra e que xa me quedou gravado. Co tempo a súa obra fíxose inmensa, con estilos diversos e un punto de vista fascinante polo común. O caso é que moitas veces a súa preocupación estaba máis no concepto e na realización da obra que na calidade do material, co que algunhas pezas acabaron nun estado regular co paso do tempo. Eu aínda teño restaurado unhas cantas, tanto da súa colección particular como doutra xente que as foi adquirindo.
Resultou ser unha estampa moi propia do Salnés a súa figura inconfundible enriba dunha moto que o levaba fatigada na busca do material para crear, ben fose éste un lote de tubos de óleo, uns cadernos de papel ou unhas tazas de viño do país nos loureiros máis populares. Algunha vez teño ido na súa busca a un deles alá en Cobas, onde a pobre moto xa non rexía máis e tiñan que vir Lino e mais a moto como podían na miña furgoneta.
Nos últimos tempos, a causa dunha mala caída, ten pasado unha temporada difícil pero el segue incansable facendo o que maís sabe: transcribir con trazos e cor un xeito diferente de ver o mundo que destila o alambique do seu maxín pinga a pinga.
Tamén como poeta soubo parir uns fillos de rara beleza que cargaban coas teimas e as angustias do pai. Un deles, publicado en "Un puñado de poemas" se cadra fai un autorretrato máis atinado que moitas palabras que se poidan dicir de Lino Silva:
a mi risa
sólo me río
de mi mismo;
de mis proezas,
de mis penurias
de mis pensamientos
de mis investigaciones arduas,
de mi ignorancia sutil
de mi conocimiento efímero.
Y no lloro casi nunca
porque...
pienso...que...
es preferible...
MÚSICA: BEATLES - Let It Be
youtu.be/gNa2WJrLs9g
Tags: Lino Silva Cambados Premio Cabanillas
© All Rights Reserved

MÚSICA: The Beatles - Something
youtu.be/sd0FpsC87Y8
Tags: Lino Silva Cambados Premio Cabanillas
© All Rights Reserved
"The only people for me are the mad ones, the ones who are mad to live, mad to talk, mad to be saved, desirous of everything at the same time, the ones who never yawn or say a commonplace thing, but burn, burn, burn, like fabulous yellow roman candles exploding like spiders across the stars and in the middle you see the blue centerlight pop and everybody goes "Awww!""
Jack Kerouac, On the Road, 1957.
MÚSICA:Claudia Leal e Rão Kyao | A Nossa Lua |
youtu.be/7evkJp9HreQ
© All Rights Reserved
Every artist dips his brush in his own soul, and paints his own nature into his pictures.
----------------------------------------------
Todo artista molla o seu pincel na súa propia alma, e pinta a súa propia natureza nas súas pinturas.
Henry Ward Beecher, Norwood, 1868.
MÚSICA:Max Richter-When She Went Away
youtu.be/77-hFjU5JU0
© All Rights Reserved
“The longer you look at an object, the more abstract it becomes, and, ironically, the more real.”
Lucian Freud
MÚSICA: Max Richter - Those Left Behind
youtu.be/RiLrsfcjQlo
© All Rights Reserved