Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Sets / Salvaterra de Miño
Sindo Mosteiro / 5 items

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

No proceso de expansión da adega cooperativa Martín Códax de Cambados, unha das adquisicións máis destacadas é todo o conxunto de parcelas en propiedade (as menos) e en alugueiro, así como edificios e bens onde elaboraren o viño baixo o amparo do Consello Regulador Rías Baixas e co selo diferenciado dos viños do Condado e O Rosal. Estes viños van ao mercado baixo varias marcas de Adegas Galegas, filial de Martín Códax, como son Don Pedro de Soutomaior, Veigadares, Dionisos ou Bago amarelo, e outra dependente máis directamente da matriz baixo a colección Alma Atlántica, co nome de Anxo Martín. As adegas sitúanse en Meder (Salvaterra de Miño) e Pazo de Almuíña (Arbo). Pola súa parte, as fincas xestionadas por Martín Códax son as do pazo de Almuíña (6 has. na eira e 14 has. en Liñares e Luneda), Goián (22 has.), igrexario de Leirado (6 has.) e A Bouza-Meder (2,5 has. en propiedade). Ademais é necesario adquirir certa cantidade de uva a un bo lote de familias colaboradoras dos concellos próximos. O tipo de uva utilizada aquí é maioritariamente albariño, pero tamén hai cantidades significativas de caíño branco, treixadura e loureira.

MÚSICA: Loreena McKennitt - Caravanserai
youtu.be/4QpRCK1IbiE

MÚSICA: Loreena Mckennitt- Snow
youtu.be/Txc2ugYPJJY

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Este cruceiro está situado no adro da igrexa parroquial de Leirado, no concello de Salvaterra de Miño.

MÚSICA: José de Nebra Miserere a dúo: Aria; Auditui meo y Aria; Ecce enim veritarem.
youtu.be/k0CTN903JMo

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

O SER

Eiquí no ser se atopa canto pode saber
o home da Beleza, a cor do máis alá,
e toda marabilla, resplandor, e poder,
eiquí no ser que como a fror se murchará.

Neste ser que se esvai, co decorrer do tempo,
e desfalece e morre, apodrece, e se esquece
moitas edades antes que o vidro do espello
que relfexen súa groria antes de apodrecerse.

Eiquí na carne, e dentro da carne, e detrás dela,
dentro do sangue rando, palpitando no óso,
o esprito universal está, a Beleza mesma,
está o Abril eterno, que vaga soio
(...)

John Mansfield (1878-1967) (trad. Plácido Castro).

MÚSICA: Gaultier le Vieux - Tombeau de Mezangeau, interpretado por Xavier Díaz-Latorre
youtu.be/SuDEljsB13w

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

"The principle of the Gothic architecture is infinity made imaginable."

"O principio da arquitectura gótica é a infinidade feita imaxinable."

Samuel Taylor Coleridge (1772-1834).

MÚSICA: Vox Vulgaris interprets "Cantiga 213" from Cantigas de Santa Maria: "Quen serve Santa Maria".
youtu.be/VTfz16uzg2U

100%