Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Sets / Ribadumia
Sindo Mosteiro / 131 items

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

TODA HUMILDE BELLEZA ...

Vago xirón de brétema, atavío
soberbio da irta xesta, reidora,
fulgurante doíña de rocío
(pazo do sol e lágrima da aurora);

raiola de lunar que bica o río,
flor mareliña que entre espiñas chora,
ou das redes da araña un tenue fío,
toda humilde belleza me namora.

É un vermiño de luz o amigo caro
do meu nume saudoso... Antes reparo
na nudez adorable dunha estrela

que nas rosas dos vales, que sorríen,
que nos mantos dos pinos, que se engríen,
que nas blondas do mar, que se rebela

Antonio Noriega Varela, Do ermo, 1920.

MÚSICA: Georgia Kelly & Dusan Bogdanovic - Yano Мori
youtu.be/-bh6gFRX9U4

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

A ponte de Ponte Arnelas
ten un cruceiro no medio
para despedir as mozas
aos mozos de Tremoedo.

Cantiga popular galega.

MÚSICA: G. F. Händel - "Oh, worse than death indeed! Angels, ever bright and fair" do oratorio Theodora, interpretado por Dawn Upshaw
youtu.be/G98wZzwRHf8

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Ouh tolos mortais, que así venerades á divindade, dicídeme!: Como ten que ser aceptado polo que chamades pai común o sacrificio dos seus fillos que se asasinan? Verá sen indignación, ouh vencedores!, fumegar o voso brazo co sangue que el criou? E que agardades vós, os vencidos, deses vans laios? Ten Deus a inconstancia dun mortal, ou son mudables os seus decretos? Móvese, coma vós, por vinganza ou compaixón, por asañamento ou arrepentimento? Que baixas ideas tendes do máis sublime dos seres! Segundo vós, semella que, raro e preso dos antollos, Deus enfádase ou se apiada coma o home; que xa quere e xa aborrece; que agora rifa e despois gaba; que, perverso ou feble, toma xenreira; aleve e contraditorio, pon lazadas para que caiamos nelas; castiga o mal que consente; prevé as maldades e non as estorba; xuíz parcial, é corrompido polas dádivas; imprudente déspota, dita leis que revoca despois; feroz tirano tira e dá sen motivo a súa graza, e só a poder de humillacións é amolecido... Agora si que está patente a impostura humana. Vendo como pintades á divindade, dixen: "Non, non formou Deus ao home á súa semellanza, dándolle a súa alma, finxíndose nel os seus apetitos, atribuíndolle as súas propias opinións". Cando en tan extravagante confusión se atopou en contradición cos seus mesmos principios, simulando unha humildade hipócrita, calificou de impotente o seu corazón, nomeando misterios divinos os erros do seu entendemento. Di: Deus é inmutable, e lle pide nas súas oracións que mude. Di que é incomprensible, e o interpreta continuamente. Víronse na terra impostores que se teñen intitulado confidentes de Deus, e erguéndose co maxisterio dos pobos, abríronlle camiños de iniquidade e mentira, atribuíndo mérito a ridículas ou indiferentes cerimonias, cualificando de virtude esta ou aquela postura do corpo, a pronunciación de certas palabras, a articulación de certas voces, convertendo en delito o comer estas delicias, o beber aqueles licores en certos días.

Constantin-François Chassebœuf de La Giraudais, conde de Volney, As ruínas de Palmira, 1791.

MÚSICA: Cosmic Voices from Bulgaria & Sofia Philharmonic Orchestra - Pastar Pazar
youtu.be/kz0t-nDEXes


3.8%