Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Sets / Homes salvaxes
Sindo Mosteiro / 16 items

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

O home montés, home salvaxe ou home piloso (homo sylvestris na Idade Media) é un personaxe de longa vida nas diferentes tradicións mitolóxicas europeas con probable orixe na mitoloxía do Oriente Próximo. Seres semellantes aparecen en numerosas culturas ao longo do planeta, dos que o máis coñecido actualmente pode ser o “bigfoot” ou “sasquatch” orixinado en varios grupos amerindios do noroeste dos Estados Unidos.
Descríbese habitualmente como un home forte, de lingua inintelixible, estilo de vida fuxidía e costumes pouco refinados. Adoita estar cuberto totalmente de pelo, aínda que nalgúns casos simplemente aparece como un home desgreñado, de longa barba e cuberto por taparrabos. Polo común porta un forte garrote para a súa defensa. É evidente que resulta ser unha imaxe “do outro”, do que é coma nós pero diferente, do que semella ser unha especie humana que quedase afastada da nosa sociedade.
Na tradición, xa desde tempos clásicos aparecen estes seres en moitos relatos con funcións diversas que procuran aclarar a súa orixe. Por unha parte, hai unha serie de homes monteses que o son sen deixar de seren humanos propiamente, xa que son afastados da sociedade, á que pertencían, por diversas causas: ben porque a tolemia se apodera deles e os fai vivir como as feras, do que rende o monte, cos mesmos hábitos dos animais; ben porque buscan o autoexilio por razóns que adoitan ser de tipo relixioso, como ben testemuñan relatos de anacoretas en busca de oración, penitencia e unha existencia que implicase non seren parte do mundo; ou ben porque son abandonados ou perdidos de pequenos nun monte de lonxe e se afán a unha conduta parasocial que non coñece os valores aceptados pola colectividade.
Mais os verdadeiros homes monteses semellan pertenceren a outra especie humanoide que se describe en relatos de viaxes e xeográficos como habitantes de países afastados nunha sociedade que está fóra do contacto cos verdadeiros humanos, ocupando certas áreas do norte de África e a India xa desde tempos clásicos, máis alá dos lindeiros da civilización. Ou ben, máis adiante, son seres solitarios ou en pequenos grupos familiares que habitan as partes máis afastadas e escuras das fragas europeas medievais. Hai que lembrar que as fragas sempre serán para a xente daquel tempo os lugares de onde provén o mal, o estraño, o horror, a morte. Parece evidente que a formación desta figura mítica ven dada por evolución e axeitamento doutros vellos seres míticos que pertencían sobre todo á relixión popular do mundo clásico. Seguramente o que maior parentesco ten é Orcus, unha divindade popular latina do inframundo que se irá asociando co tempo á máis culta de Hades e Plutón, que se representaba cun aspecto semellante ao home salvaxe, un xigante peludo e mal encarado. Os ogros e os orcos, dúas variantes semellantes, serán outras elaboracións posteriores a partir deste orixinal. Pero tamén hai que ter en conta outros seres das fragas como Silvanus, os faunos e os sátiros, que tamén están na orixe doutro ser con certos paralelos co home salvaxe, o “green man” ou home vexetal. Finalmente é de notar a semellanza das representacións destes seres con Hércules como heroe armado cunha porra que arrincou dunha oliveira para loitar contra o león de Nemea, o primeiro dos doce traballos que se lle impuxeron despois do seu acceso de ira que desembocou na morte da súa familia e pola que fuxiu emboscándose como un verdadeiro home salvaxe. Semella claro que as vellas divindades dalgún xeito irán sobrevivindo inseridas no relato paradogmático cristián, pasando a seren parte substancial das historias populares europeas medievais, sexan estas de carácter relixioso ou profano.
Co tempo veuse que este ser tan popular podería ser un elemento acaído para o seu uso na heráldica europea desde o século XV, onde seguramente xoga máis un papel decorativo que simbólico, aportando se cadra un certo misterio e exotismo aos escudos que, cun simple tenante clásico, non terían. No concello de Cambados pódense ver algúns exemplos de tenantes de escudos ao xeito de homes salvaxes, dos que os dous que teñen conta da heráldica do pazo das Quintáns (Castrelo) son os máis achegados ao modelo piloso, mentres que os que se sitúan enriba do monumento funerario de María Ozores Silva Soutomaior en San Bieito de Fefiñáns portan a porra pero están espidos e depilados. Por último, os dous famosos “Balboas” do adro da mesma igrexa están a penas vestidos co que semella un exomis e tamén están armados co escudo do seu amo e a porra, semellantes, por exemplo, aos tenantes do vello escudo de Gipuzkoa rexistrados xa no século XV.

MÚSICA: Charpentier - Sonate à huit (parte primeira)
youtu.be/YEGS9yPR2yI

N 16 B 2.6K C 7 E Aug 8, 1998 F May 21, 2016
  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Fotografía tomada cunha Sony Digital Mavica MVC-FD7 no 8 de agosto de 1998.

MÚSICA: Pietro Mascagni - Cavalleria Rusticana, Intermezzo
youtu.be/BIQ2D6AIys8

MÚSICA: Jean-Philippe RAMEAU - Tristes apprêts (Castor et Pollux).
Sabine Devieilhe, soprano.
Les Ambassadeurs, dir. Alexis Kossenko
youtu.be/nshlWqMpvT0

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Nosa Estatua de Balboa no Adro de Fefiñáns

Eres da misma madeira
que o altar de San Benitiño:
foi teu pai un tal Ferreira
e tua nai unha canteira
da propiedá do Santiño.
Puxéronche "O Peneireiro"
pol-o escudo de Marqués,
e c-a maza, ou c-o fungueiro
semellas un derradeiro
gran fidalgo portugués.
Xa te quer cubrir a hedra,
e tes o narís desfeito,
a túa fama non medra,
e anque estás feito de pedra
es home de pelo en peito.
Algo estrano é o teu querer,
é consentir que uns borrachos
che guindaran c-a muller
pra deixal-a, por pracer,
tirada no chan en cachos.
Por deixado e por "cesteiro",
por pacenzudo e por bo,
téñenche no pobo enteiro
por neto de Xan de Outeiro
ou por bisneto de Xob.
Es valente cal Sansón,
e bo como o pan da artesa
mais, nugallán e tumbón,
es mismo a representaceón
da deixadez cambadesa.
Mállame un día c-a moca
a tantísimo lambón
e féndelle c-unha zoca
a testa a tanto ladrón.
Meu santo, San Palanquín,
feito d-un cacho d-un con,
como quixera pra min
sin que fora de adoquín
o teu forte corazón.

Xaquín Sánchez Peña

MÚSICA: The Lazy Song by Bruno Mars
youtu.be/sN36JM8l52g

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Existe aínda un xeito de tenantes, o que consiste en facer levar o escudo a mouros, salvaxes, sereas, animais reais ou fabulosos. A procedencia deste uso atópase nos torneos. Os cabaleiros facían levar as súas lanzas, elmos e escudos por escudeiros e criados transformados en personaxes extraños ou en animais. Para abriren o paso das armas os tenantes do torneo facían atar os seus escudos nas árbores nas rutas principais, ou en determinados lugares, coa fin de que os que quixesen combater contra eles tocasen eses escudos. Para os gardaren dispoñíanse ananos, xigantes, mouros, homes transformados en monstros ou bestas salvaxes, e un ou varios heraldos de armas tomaban o nome dos que tocaban o escudo dos tenantes.

M. Viollet-le-Duc, "Armoire", en Dictionnaire raisionné de l'architecture Française du XIe au XVe siècle, París, 1858-1868, I, 498.

MÚSICA: J.M. Hotteterre (1674--1763): Sonata op. 3 No. 3 youtu.be/jpBOJoNwsmY

31.3%