A CULTURA CASTREXA E O TEMA DO CELTISMO
O asunto do celtismo é un efecto secundario da moda céltica do Romanticismo creada desde a publicación dos supostos textos de Ossian por McPherson (o mister era un trampón), ao que seguiron outros textos medievais de Bretaña, Gales, Escocia e Irlanda. Isto desenvolveu unha corrente de moda do celtismo paralela ao gótico-xermanismo desde finais do século XVIII coincidindo co Romanticismo e as reivindicacións nacionalistas en varios puntos de Europa. No caso de Galicia, foron Verea e Aguilar, Antolín Faraldo, Benito Vicetto e, sobre todo, Manuel Murguía, os que introduciron o mito celta na historiografía, e Eduardo Pondal na literatura, por influenza de Murguía e os textos osiánicos. Hai que recordar que, na segunda metade do século XIX, o que dicía Murguía ía a misa e todo o mundo o seguía, salvo a Pardo Bazán, que o tiña debaixo dun dente. Tanto el coma Vicente Risco despois elaboraron unha visión histórica francamente racista, colocando ao pobo galego en termos de superioridade sobre o castelán, pois, segundo eles, a esencia céltica-xermana dos galegos estaba por riba da semita castelá, andaluza e levantina, onde árabes e xudeus lle deran o seu carácter (sóavos isto ao que dicía certo señor con bigote e moi malas pulgas?). Posteriormente fíxose unha bola de neve máis e máis grande que hoxe é difícil de parar. O curioso é que as diferenzas entre as culturas prerromanas da Gallaecia e outras partes da península son claras, pero precisamente polo contrario. Se hai unha cultura céltica na Hispania de entón é a que se asentaba pola meseta castelá, a celtíbera, como queda demostrado pola súa cultura material (aínda que influída por outras aportacións mediterráneas), algúns textos conservados, polo que se sabe da súa estrutura social, os nomes de persoa e de divindades... Tamén parece ter influencia céltica parte de Andalucía Occidental. O resto do territorio peninsular que non pertence á área ibérica do Mediterráneo adscríbese ao grupo indoeuropeo (os pobos galaicos, os pobos lusitanos da metade sur de Portugal e Extremadura dos que se coñecen algúns textos breves, os pobos norteños agrupados en astures e cántabros, e desde vello os pobos que estenderon a Cultura dos Campos de Urnas por Cataluña e o val do Ebro, despois desprazados). Polo que respecta a vascóns e várdulos sábese moi pouco, semellan ter características de ambos grupos.
A cultura dos castros da Gallaecia está moi claramente definida por unha organización social en castros agrupados nunha especie de federacións, ao contrario dos demais que se agrupan en "gentilitates", onde hai unha xerarquización marcada pola presencia das xoias castrexas (torques, arracadas, brazaletes...) con príncipes ou maxistrados tal e como os chaman os romanos na epigrafía. O territorio das comunidades está marcado por cursos de auga e outeiros sacralizados. Á vez que dan culto a elementos naturais (augas, pedras, fragas, lúa) do mesmo xeito que outras sociedades pouco desenvoltas, teñen un panteón de divindades propias e de orixe diversa, maioritariamente indoeuropeas, de entre as que destacan as ligadas á guerra: Bandua e Cosus. A súa cultura material basicamente é unha evolución da do Bronce Final (aquí Bronce Atlántico, con importantes contactos con Inglaterra, Cornualles, Irlanda e Bretaña en relación co estaño) con aportes centroeuropeos e mediterráneos. As xoias, entre elas os afamados torques, teñen influencias diversas segundo as modas, unhas veces do centro de Europa e outras, as máis, do Mediterráneo, algo moi facilmente constatable. A plástica en pedra tan característica (guerreiros, personaxes sedentes, cabezas, animais, decoración arquitectónica...) é toda ela de época romana aínda que feita nos castros romanizados; probablemente antes da chegada do Imperio non fixesen este tipo de traballos. Así todos eses entrelazos, trisqueis, rosetas e todos estes motivos decorativos que se toman como iconas "celtas" hoxe en día non son tal cousa. En canto á lingua ou linguas que falaban non podemos dicir practicamente nada, salvo que era da familia indoeuropea (o mesmo que o latín, as linguas célticas, as xermanas, as eslavas...), non temos ningún texto da época, só algúns epígrafes latinos con nomes de persoa, lugar e deus que non son suficientes, e os nomes de lugar de hoxe en día son interpretables de moitos xeitos. Que non eran maioritariamente celtas ademais evidénciase cando só a un dos pobos chaman os romanos Célticos Supertamáricos e a outro Galaicos (nunha pequena área próxima a Braga) entre os moitos que habitan a que se había de chamar Gallaecia.
A min o que me preocupa é a verdade da Historia, e se as evidencias indican unha tese e non outra, non podo facer outra cousa que afirmar ou desmentir segundo esas evidencias. En primeiro lugar, a ningún navegante grego, púnico ou romano lle deu por afirmar (tal como é común afirmar) que aquí había "celtas" (Keltoi), a non ser a moi controvertida Ora Maritima de Avieno, composición poética elaborada con textos varios centos de anos anteriores no século IV, de pouco rigor histórico. A isto temos que engadir que os textos que se refiren á Galicia do Mundo Antigo son pouco precisos, cheos dunha visión xenófoba e parcial (cando non totalmente vacua) dos pobos por eles chamados bárbaros. Non podemos considerar moi fiables estes relatos desde unha óptica historiográfica moderna, e aínda que así fose non se alude en ningún momento ao presunto celtismo galaico, máis ben todo o contrario, pois o que si deixan claro é o diferente que é este mundo da Cultura dos Castros ao dos pobos da Meseta, estes si emparentados directamente co mundo céltico, algo que é evidente desde calquera punto de vista e que ningún historiador actual dubidaría. En canto ao de se chamar Gallaecia a este territorio ten que ver co proceso de conquista do Noroeste peninsular, pois un dos primeiros pobos con que se enfrontaron os exércitos romanos foi o dos galaicos asentados nun pequeno territorio próximo a Braga, un entre moitos outros que habitaban unha ampla banda ao norte do Douro. Co tempo chámase Gallaecia a todo ese territorio, tómase unha pequena parte para denominar o todo. Algo que, por certo, resulta común na denominación de moitas nacións. Por exemplo, chamamos Alemaña a un territorio que excede con moito o que ocuparon os alamanni (unha federación de tribos de orixe diversa, parte delas tamén integrantes da federación sueva), que ocuparon unha banda ao sur de Alemaña, parte de Austria e Suíza e Alsacia. Eran veciños dos francos e foron estes os que foron denominando pouco a pouco alemáns a todos os xermanos do que sería o Sacro Imperio. O asunto do celtismo é algo que leva dando moitas voltas desde hai máis de 200 anos, o malo é que semellante enleada hoxe en día é complicada de desenlear porque xa está presente na cultura popular e no imaxinario colectivo. A min sempre me chaman a atención imaxes como a dun druída coa súa fouce de ouro diante dun petroglifo cun labirinto e dun dolmen, facendo os seus ritos co visgo a voltas. É absolutamente ridículo tomar tal cousa como símbolo de Galicia, porque aquí non houbo tales druídas e tanto petroglifos coma monumentos megalíticos son moi anteriores á Cultura dos Castros, non tendo nada que ver cos celtas, por certo.
MÚSICA: Flannery Celtic Folk Rock - The Epic Beersong
youtu.be/shDugib07Vs
Tags: like Gaulois cigarettes cultural appropriation tobacco
© All Rights Reserved

MÚSICA: WOLFSTONE - Gillies
youtu.be/U1kVx1pdDBs?list=PLA6j4NwEHZ75Oc7eLyZqEsml8EQBlcLVy

MÚSICA: Albannach - Hooligan's Holiday
youtu.be/K0fgWtO23sM

MÚSICA: Orthodox Celts - Pain for Sale
youtu.be/w52PVk0vcGM

MÚSICA: Orthodox Celts - Queen of the day
youtu.be/1C3HS5i27U0
© All Rights Reserved