Quién fuera como el jazmín
Cuando empieza a florecer,
Echando perfume fino,
Para estar en tu poder.
Para estar en tu poder, mi amor.
¡quién fuera flor!
Quién fuera como la rosa,
En su airosa gallardía,
Alzándose colorada,
Con la luz del nuevo día.
Para estar en tu poder, mi amor,
¡quién fuera flor!
Quién fuera como el clavel,
El clavel disciplinado,
Creciéndose de rubores,
Y de blanco salpicado,
Para estar en tu poder, mi amor,
¡quién fuera flor!
León Benarós (1915-2012)
MÚSICA: Yo canto a la diferencia - Violeta Parra
youtu.be/afzP8J3eP6M
© All Rights Reserved
Chañarcito, chañarcito
Que tantas espinas tienes:
Igual a mi corazón,
Entre las espinas te sostienes
Échale entre las espinas,
Tus flores finas.
Chañarcito, chañarcito
De lindas y verdes ramas:
Igual a mi corazón,
En amores te derramas.
Échale entre las espinas,
Tus flores finas.
Chañarcito, chañarcito
De tan alegre mirar:
Igual a mi corazón,
No lo dejes desmayar.
Échale, entre las espinas,
Tus flores finas.
León Benarós (1915-2012)
MÚSICA: Violeta Parra - Que he sacado con quererte
youtu.be/QsEEwHBr2K4
© All Rights Reserved
A relixión do carballo ou do deus carballo semella ter sido compartida por todas as ponlas do tronco ario en Europa. O mesmo gregos que italos asociaron a árbore co seu deus máximo Zeus ou Xúpiter, divindade do ceo, da choiva e do lóstrego. Se cadra o máis antigo e de certo un dos santuarios máis sonados de Grecia foi o de Dodona, onde Zeus era reverenciado no seu carballo oracular. As treboadas, das que se dixo que eran máis habituais en Dodona que en claquera outra parte de Europa, transformarían o lugar en casa digna do deus, do que se oía a súa voz tanto no susurro das follas do carballo como no retumbar do trono. Se cadra os gongos ou tantáns de bronce que mantiñan un continuo fragor no aire arredor do santuario, significaban unha imitación do tronar case continuo que rodaba e retumbaba nas fragosidades das ásperas e estériles montañas que fechaban o val sombrizo (...). Zeus era o deus ao que polo xeral oraban os gregos para que chovese. Nada podería ser máis natural, pois frecuentemente, aínda que non sempre, tiña a súa residencia nas montañas onde as nubes se agolpan e medra o carballo. Sobre a Acrópole de Atenas houbo unha imaxe da Terra rogando pola choiva a Zeus, e en tempos de sequía os atenienses oraban así: "Que chova, que chova, ¡ouh Zeus amado!, sobre a terra de pan levar dos atenienses e sobre as chairas!".
J. G. Frazer, Golden Bough, 1922.
MÚSICA: Laboratorium Pieśni - Halele
youtu.be/rKbSo6whFMg
© All Rights Reserved
Na sociedade salvaxe hai tamén o que podemos denominar maxia pública, esto é, a feiticería practicada en beneficio da sociedade en conxunto. Sempre que as cerimonias deste tipo se observen para o ben común, é claro que o feiticeiro deixa de ser meramente un practicón privado e en certo xeito se converte en funcionario público. O desenvolvemento de tal clase de funcionarios é de grande importancia para a evolución, tanto política como relixiosa, da sociedade. Cando o benestar da tribo se supón que depende da execución destes ritos máxicos, o feiticeiro ou mago elévase a unha posición de moita influencia e reputación, e en realidade pode adquirir o rango e a autoridade propios do xefe ou do rei. A profisión congruentemente atrae ás súas ringleiras a algúns dos homes máis hábiles e ambiciosos da tribo, porque lles abre tal perspectiva de honras, riqueza e poder como dificilmente poida ter ofrecido calquera outra ocupación. Os perspicaces danse conta do xeito tan fácil de embarcar aos simplóns cofrades e manexan a superstición en vantaxe propia. Non é que o feiticeiro sexa sempre un impostor e un ruín; con frecuencia está senceiramente convencido de que en realidade posúe os marabillosos poderes que lle adscribe a credulidade dos seus compañeiros. Mais canto máis astuto sexa, máis doadamente percibirá as falacias que impón aos parvos. Deste xeiro, os máis habilidosos membros da profisión tenden a se converteren en impostores máis ou menos conscientes, e é lóxico que estes homes, en virtude da súa habilidade superior, cheguen a ocupar a cimeira e a conquistar para eles mesmos as posicións de maior dignidade e autoridade máis imperiosa. As trampas tendidas ao paso do bruxo profisional son múltiples e como regra só o home de cabeza fría e aguda astucia se conseguirá guiar no seu camiño con seguridade. Por tal cousa, teremos sempre presente que cada unha das declaracións e pretensións que o feiticeiro anuncia son, como tal, falsas: ningunha delas se pode soster sen impostura consciente ou inconsciente. Por conseguinte, o bruxo que cre sinceiramente nas súas extravagantes pretensións está en moito maior perigo que o deliberado impostor e é moito máis probable que a súa carreira se frustre.
J. G. Frazer, Golden Bough, 1922.
MÚSICA: Laboratorium Pieśni - Sztoj pa moru
youtu.be/C8CRedGz9qQ
© All Rights Reserved