Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Sets / Sanxenxo
Sindo Mosteiro / 42 items

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Mar brava da Lanzada,
non lle espanta o teu bruar
ó que ten tantas peniñas,
tantas penas que chorar.

Cantiga popular galega.

MÚSICA: Saião de Roda - Marinheiro só
youtu.be/4yrNsCOIDK0

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Desde os tempos do rei Afonso, de feliz memoria, adoitaban vir os sarracenos a Galicia navegando desde Sevilla, Almería, Lisboa e demais lugares abeirados ao mar. O que facían era destruír e queimar igrexas, saqueándoas, matar e apreixar aos homes, levar cautivos aos nenos e ás mulleres, roubar canto precisaban, talar árbores e viñas, incendiar casas, e mesmo invadir e asaltar castelos, como aconteceu co de Santa María da Lanzada (…).
Para se formar idea de onde chegaba a audacia dos piratas, baste saber que nen os mesmos castelos edificados sobre a costa, estaban seguros da súa rapina. Varias foron as veces que asaltaron e saquearon os castelos de Ponte Sampaio e a Lanzada.(…).

Historia Compostelana, s. XII

MÚSICA: Christopher Gordon - The Battle (Master And Commander Soundtrack)
youtu.be/GAXJ7jek5-4

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Nosa Virxen da Lanzada
que altiña que se foi pór;
dálle o aire, dálle o vento,
dálle o mar polo arredor.

Cantiga popular.

MÚSICA: G. Torelli - Concerto Grosso Op.8 no.6 in g minor ''Christmas Concerto'', (Concerto in forma di Pastorale per il Santissimio Natale)
youtu.be/WKvNoI2nvRk

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Miña Madre da Lanzada,
quen a puxo moreniña;
foi o raíño do sol
que entra pola ventaniña.

Cantiga popular galega.

MÚSICA: NO LA DEVEMOS DORMIR - Bartomeu Cárceres
youtu.be/zF0ePvuK0fw

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Todol-os que dan son bos
miña Virxen d'a Lanzada;
todol-os que dan son bos
menos os que non dan nada.

Cantiga popular galega.

MÚSICA: Oshakan Quintet - Komitas
youtu.be/-StYvh4WrnU


11.9%