Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Sets / Ribadumia
Sindo Mosteiro / 102 items

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

TODA HUMILDE BELLEZA ...

Vago xirón de brétema, atavío
soberbio da irta xesta, reidora,
fulgurante doíña de rocío
(pazo do sol e lágrima da aurora);

raiola de lunar que bica o río,
flor mareliña que entre espiñas chora,
ou das redes da araña un tenue fío,
toda humilde belleza me namora.

É un vermiño de luz o amigo caro
do meu nume saudoso... Antes reparo
na nudez adorable dunha estrela

que nas rosas dos vales, que sorríen,
que nos mantos dos pinos, que se engríen,
que nas blondas do mar, que se rebela

Antonio Noriega Varela, Do ermo, 1920.

MÚSICA: Georgia Kelly & Dusan Bogdanovic - Yano Мori
youtu.be/-bh6gFRX9U4

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

A ponte de Ponte Arnelas
ten un cruceiro no medio
para despedir as mozas
aos mozos de Tremoedo.

Cantiga popular galega.

MÚSICA: G. F. Händel - "Oh, worse than death indeed! Angels, ever bright and fair" do oratorio Theodora, interpretado por Dawn Upshaw
youtu.be/G98wZzwRHf8

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

GALEGO: Igrexa de Leiro (Ribadumia). Despois de toda unha xornada de laboreo na viña volvo a casa co traballo cumprido. O sol faime un aceno e despide o día para min e para todos os que rematamos as obrigas cotiás ata o próximo día. Para mañá hai máis tarefa a voltas cos acios. Por certo que a igrexa é ben interesante, é unha das poucas da contorna que conserva restos románicos, aínda que foi moi alterada en séculos sucesivos. Fixádevos na cruz medieval que coroa a cimeira.

ESPAÑOL: Iglesia de Leiro (Ribadumia). Despues de toda una jornada de laboreo en la viña vuelvo a casa con el trabajo cumplido. El sol me hace una señal y despide el día para mi y para todos los que acabamos las obligaciones cotidianas hasta el próximo día. Para mañana habrá más tarea a vueltas con los racimos. Por cierto que la iglesia es muy interesante, es una de las pocas de su entorno que conserva restos románicos, aunque fue muy alterada en siglos sucesivos. Fijaos en la cruz medieval que corona el piñón.

Unha música acaída para este intre de asombro: Gustav Holst coa súa Sinfonía dos Planetas, en concreto a peza dedicada a Marte.
www.goear.com/listen/e01d058/martes


4.9%