Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Sets / Portas
Sindo Mosteiro / 56 items

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

No lugar do Cubelo, as dúas vellas casonas de pedra que forman aquel eirado á beira do camiño que ven de Tarrío, foron ben pródigas en devocións noutros tempos, e así a Casa de Ruibal ten abeirado un cruceiro que asoma cada ano a súa cruz erguida sobre os acios maduros da parra que o rodea. Á súa beira está a casa que foi de Fontán, que incorpora na fachada que mira cara o Nacente un retabuliño de Ánimas coa súa correspondente entrada para as poucas moedas que poidesen deixar veciños e camiñantes coa intención de renderen penas no Purgatorio aos familiares mortos ou as súas propias chegado o momento. O retabuliño está feito nunha peza de pedra de gran que deseña un fornelo baixo arco de medio punto, incorporando no trasdorso unha inscrición algo deteriorada que indica que foi feito a devoción de Manuel Fontán no ano de 1809. Este señor moi probablemente era un antepasado meu, aínda que non o teño totalmente confirmado, pois o meu bisavó do mesmo nome, e que por idade podería ser neto daquel Manuel Fontán, tiña as súas mellores terras precisamente nese lugar do Cubelo. Dentro do fornelo está un tema habitual nos petos de Ánimas, con San Francisco rodeado polas lapas que abrasan a tres ánimas e que libra por medio do seu cordón como se fose unha tanza na cana de pescar. Probablemente a devoción a San Francisco se incrementase por eses anos de principios do século XIX coa presenza do frade Clemente de Castro, dono da Casa do Crego en Tarrío e dun predio enorme. O seu pai Francisco de Castro, antepasado directo meu, faría constar no seu testamento que quería ir para o outro mundo vestido co hábito franciscano, algo moi indicativo desa devoción entre aquela xente e naquel tempo.

MÚSICA: Mstislav Rostropovich - Bach Cello Suite 4 III. Courante
youtu.be/PiRksCyEYf8

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Vellos cruceiros,
tristes, solitarios,
erguidos a carón dos comareiros
y-a veira das igrexas y dos adros,
onde as desaparecidas
xeneracións rezaron.

Eladio Rodríguez González in "As almas mudas".

MÚSICA: Heinrich Schütz - "Weihnachtshistorie, SWV 435: Der Beschluß. "Dank sagen wir alle Gott"",
youtu.be/ldDPHByNsZk

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

E de lle seeren ben mandados,
esto dereit' e razon aduz,
pois que por eles encravelados
ouve seu Fill' os nembros na cruz;
demais, per ela Santos chamados
son, e de todos é lum' e luz;
porend' estan sempr' apparellados
de fazer quanto ll' en prazer for.

Afonso X, Cantigas de Santa María, s. XIII.

MÚSICA: The USSR Ministry of Culture Chamber Choir - Hymn of the Cherubim (Excerpt)
youtu.be/r6veaj2gst8

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Cando a pedra, dormida e acochada
da Terra Nai no garimoso seo,
esperta do seu sono milenario
e quer ser oración e pensamento,
frorece nun varal, estende os brazos
e póndose de pé faise cruceiro!

Ramón Cabanillas in "O cruceiro do monte".

MÚSICA: Heinrich Schütz - "Psalmen Davids: VIII. Danket dem Herren, denn er ist freundlich, SWV 45"
youtu.be/oig5el86M_s

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

En esta felegresía hay sesenta y quatro feligreses. Los fructos se deviden en dos partes, la una lleva el cabildo de Santiago, y la otra el iglesario, y un desmero el retor, que valdrá quarenta cargas de pan y dos pipas de vino. Presentación de legos y un quarto del monasterio de Armentera. La fábrica tiene de renta quarenta ferrados de pan.
Hay en esta felegresía una dotación de nueve misas, ocho el día de San Sebastián, de las quales han de ser dos cantadas y la una reçada en cada semana; dexó esta memoria Lope Núñez, retor que fue desta iglesia, con cláusula que no es titular sino como padronazgo, el qual dexó a un heredero suyo.

Jerónimo del Hoyo, Memorias del Arzobispado de Santiago, 1607.

MÚSICA: Johannes Ockeghem: Qu'es mi vida, preguntais
youtu.be/8HqGSCoUxxk


8.9%