Anxo en éxtase,
lidera firme o pobo
no tempo da fin.
Haiku, febreiro 2018.
MÚSICA: Dame Géraldine - Midnight
youtu.be/T8i1wfmbQcc
© All Rights Reserved
Pois xa rematou esta experiencia tan absorbente que foi a exposición A TORRE E A SOMBRA, tras máis de dous meses de presentar a todo aquel que quixo as miñas lideiras coa torre de San Tomé dun xeito un tanto particular. Cada día emprendía unha nova viaxe, tras cruzar o limiar de perpiaño, por un camiño de lastras alfombrado coas follas amarelas que se deixaban caer desde a outra banda do valo verdecido polos anos. Xa me vía eu como unha nova Dorothy, percorrendo aquel outro camiño amarelo que levaba ao mundo de Oz. Ese novo mundo meu situado nun lugar “over the rainbow” tamén resultou máxico dalgún xeito, onde as miñas palabras procuraban acompañar aos visitantes na busca dunha comprensión do feito para contar unha singular historia coa torre de fondo, coa serie de haikus que enfiaban esa historia desordenadamente, tal como facía Tarantino no seu Pulp Fiction, e desde un punto de vista psicolóxico, atendendo ao sentimento que a xente acadaba con respecto a este vello edificio arruinado; co emparellamento da torre e a súa sombra por medio de esculturas de dous elementos simétricos pero contrastados polo material ou a cor, sempre variacións sobre a forma básica triangular truncada do seu perfil, replicando o que nos deixa ver a torre cada día no lugar que ocupa, cunha permanente brincadeira coa luz e a sombra; coa serie de fotografías que debullaban os días, as estacións, os anos, e como o tempo modifica un obxecto decisivamente; cos textos nos que a creación literaria matinou en recoñecer ás torres como lugares evocadores de historias de diferente signo, desde as máis vellas ás dos nosos contemporáneos; en fin, coa mesma música que acompañaba como fondo os pasos dos visitantes durante a súa pescuda, mesturando a Berrogüetto con Scarlatti, Bach con Milladoiro, Lully con Anita Best e Pamela Morgan, Nightnoise con Wim Mertens e así moitos máis. Xa o carreiro foi librado da súa alfombra amarela; magóame esa eficacia varredora con tal signo certo do paso do tempo e do noso vencello cos ciclos naturais. Non acabo de comprender que mal fan todas esas follas triscando aos nosos pasos durante unhas breves semanas outonizas, como unha réplica sinxela ao mundo de lucerío que inunda as vilas neste tempo tan estridente (xa podedes imaxinar que a min non me pescan por Vigo nestes días, teño medo de que se me meta un kilowatio nun ollo nada máis chegar). Quedo agradecido a todos polas visitas, os comentarios sempre amables e o intercambio de pareceres, e tamén o estou cos que se animaron a mercar algunhas pezas que permitiron a autofinanciación do proxecto (sen eles sería impensable que o afrontase). Agardo que fose do voso gusto esta iniciativa e coa pandeireta na man poñemos unha coda:
Velaí vai a despedida,
velaí vai a derradeira,
con sal á torre o mar bica,
rudo á torre o mar deita.
Julie Fowlis - Puirt-a-beul Set: 'S Toigh Leam Fhìn Buntàta 's Ìm / Tha Fionnlagh Ag Innearadh / Hùg
youtu.be/tNQH1ORzd24
© All Rights Reserved
Rúa das Rodas en Compostela. Renxe a galería máis vella que as Dúas en Punto, que o cantar do Zeca, que a Revolución de Outubro. Brúan á porta do Tarasca voces enleadas como se enlea o mar entre a area, como brúa o mar contra a noite.
Sobre a miña mesa de estudo, baixo a luz, retrátase a vida do ser humano tan complexo como é, a evolución das sociedades vistas tras a peneira do materialismo histórico, artelladas co control dos medios de produción, construídas con institucións a cada volta máis complexas, seguindo o ritmo de crecemento imparable dunha especie voraz. Así pasan as páxinas da Antropoloxía Cultural do xa vello Marvin Harris.
Xa hai tempo que é noite, xa hai tempo que chovisca unha molura eterna sobre a pedra fría da rúa das Rodas, maís alá da galería que renxe aínda agora.
MÚSICA: The Jesus And Mary Chain - Never Understand
youtu.be/b2bzrCCKDwc
© All Rights Reserved
Efémera. Experimentando con ácido tánico, ferro e pvc.
MÚSICA: Björk with the Brodsky Quartet - 03 - I've Seen It All
youtu.be/zfIhz39k-28
© All Rights Reserved
Die Götter Griechenlands
Vollblühender Mond! In deinem Licht,
Wie fließendes Gold, erglänzt das Meer;
Wie Tagesklarheit, doch dämmrig verzaubert,
Liegts über der weiten Strandesfläche;
Und am hellblaun, sternlosen Himmel
Schweben die weißen Wolken,
Wie kolossale Götterbilder
Von leuchtendem Marmor.
Nein, nimmermehr, das sind keine Wolken!
Das sind sie selber, die Götter von Hellas,
Die einst so freudig die Welt beherrschten,
Doch jetzt, verdrängt und verstorben,
Als ungeheure Gespenster dahinziehn
Am mitternächtlichen Himmel.
Staunend, und seltsam geblendet, betracht ich
Das luftige Pantheon,
Die feierlich stummen, graunhaft bewegten
Riesengestalten.
(...)
Doch heilges Erbarmen und schauriges Mitleid
Durchströmt mein Herz,
Wenn ich euch jetzt da droben schaue,
Verlassene Götter,
Tote, nachtwandelnde Schatten,
Nebelschwache, die der Wind verscheucht -
Und wenn ich bedenke, wie feig und windig
Die Götter sind, die euch besiegten,
Die neuen, herrschenden, tristen Götter,
Die schadenfrohen im Schafspelz der Demut -
O, da faßt mich ein düsterer Groll,
Und brechen möcht ich die neuen Tempel,
Und kämpfen für euch, ihr alten Götter,
Für euch und eur gutes, ambrosisches Recht,
Und vor euren hohen Altären,
Den wiedergebauten, den opferdampfenden,
Möcht ich selber knieen und beten,
Und flehend die Arme erheben -
(...)
Heinrich Heine, Die Götter Griechenlands, 1826.
--------------------------------------
Os Deuses da Grécia
Lua florescente! Na tua luz,
Como ouro que flui, o mar resplandece;
A claridade do dia, mas enfeitiçada pelo crepúsculo,
Plana sobre a ampla superfície do litoral;
No céu claramente azul, sem estrelas,
Pairam as brancas nuvens,
De mármore luminoso.
Não, nunca são nuvens!
São eles mesmos, os deuses de Hélade,
Que outrora dominavam alegremente o mundo,
Mas agora, repelidos e mortos,
Estão por aí como monstruosos fantasmas
No céu da meia-noite.
Assombrado, e num deslumbre estranho, eu contemplo
O Panteão arejado,
As solenemente mudas, terrivelmente movidas
Figuras gigantescas.
(...)
No entanto santa misericórdia e espantosa comiseração
Invadem meu coração,
Quando vos vejo agora lá no alto,
Deuses abandonados,
Sombras mortas que vagueiam pela noite,
Franqueza de nuvens, que o vento dissipa –
E se eu considero quão covardes e ventosos
São os deuses que vos derrotaram,
Os novos, dominantes e tristes deuses,
A malícia na pele de carneiro da humanidade –
Ah! Então me capta um escuro rancor,
E eu poderia estraçalhar os novos templos,
E lutar por vós, deuses antigos,
Por vós e vosso direito à ambrosia,
E diante de vossos altares
Reconstruídos, exalando sacrifícios,
Eu mesmo gostaria de ajoelhar-me e rezar,
E levantar em súplica os braços –
(...)
Heinrich Heine, Os Deuses da Grécia (trad. Rubens Rodrigues Torres Filho), 1826.
MÚSICA: Ελευθερία Αρβανιτάκη - Του πόθου τ' αγρίμι (Eleftheria Arvanitaki - Tou pothou t'agrimi)
youtu.be/Yu6U97vmxPk
© All Rights Reserved