Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Sets / Enredos
Sindo Mosteiro / 54 items

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

A primeira cámara que utilicei para as miñas fotos foi esta Werlisa Color que comprou meu pai no 1963 e coa que tiraba fotos para o seu uso particular e para sacar unhas pesetas na mili a base de retratos dos compañeiros reclutas. Resultaba unha cámara relativamente económica en comparación co que había no mercado, de manexo sinxelo e de resultado na imaxe bastante bo, tendo en conta as limitacións. Creo que as primeiras fotos que fixen foron na primeira metade da década dos 80 do século pasado (bufff... canto tempo). Atendendo aos consellos de meu pai e de grandes fotógrafos admirables, sempre tiven presente un par de cousas:

-“Moitos fotógrafos pensan que se mercan unha cámara mellor serán quen de faceren mellores fotos. Unha cámara mellor non fará nada por ti se non hai nada na túa cabeza ou no teu corazón.”

Arnold Newman

-“Non pasa nada mentres estás sentado en casa. Sempre que podo gosto de levar unha cámara canda min a todas partes …así podo disparar ao que me interesa no preciso instante.”

Elliott Erwitt

MÚSICA: Philip Glass - The Photographer - 01 A Gentleman's Honor
youtu.be/z-hf3gUZpJQ

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

A primeira cámara que comprei foi unha reflex Zenit-122, a principios do ano 1989 e con ela fixen fotos até setembro de 1990, cando ma roubaron na estación de tren de Palermo. Ao pouco comprei outra Zenit-122, a que se pode ver na foto, que fun utilizando durante bastante tempo, concretamente até decembro de 2005, cando se averiou. Con ela tiña seguramente a mesma sensación que tivera Henri Cartier-Bresson moitos anos antes, falando da súa Leica:

“Fun a Marsella. Unha pequena renda permitíame afrontar os gastos, e traballei con entusiasmo. Recén descubrira a Leica. Transformouse na extensión dos meus ollos e nunca me separei dela desde que a atopei. Merodeaba polas rúas todo o día, tenso e preparado para choutar, decidido a ‘atrapar’ a vida, a preservar a vida no acto de vivir. Ante todo, ansiaba apresar nos confíns dunha soa fotografía toda a esencia dalgunha situación que se estivese a desenvolver diante dos meus ollos.”

MÚSICA: Nils Frahm - Corn
youtu.be/zxhFKK2gl_c

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Xa van alá 25 anos, parece mentira, da creación do Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES), do que son socio practicamente desde os seus inicios. O traballo realizado por toda a xente que ten pasado por el ben seguro que fixo do Salnés un lugar mellor para vivir, sempre foi a conciencia verde que puxo freo, no que boamente se podía, ás actitudes irresponsables co medio de administracións, empresas e particulares, que de todo ten habido. Este ano, para celebrar unha data tan redonda, convocouse un concurso de fotografía da natureza, da que resultaron gañadores Brais González e José Manuel Puente Márquez, con dúas magníficas fotografías que foron premiadas con cestas de produtos ecolóxicos, parabéns aos agraciados. Eu tamén me presentei, claro, e as miñas tres fotos foron seleccionadas para a exposición que se inicia en Punta Vicaño e que proximamente irá percorrendo a comarca, se é que hai lugar dispoñible. Para máis información sobre o CES podédesvos achegar a:
cesalnes.wordpress.com/
As miñas fotos nesta exposición son as seguintes:

MÚSICA: IALMA - Voltar
www.youtube.com/watch?v=T-PvdkNvWn0&feature=share&amp...

MÚSICA: PANCHO ALVAREZ - "A borna"
www.youtube.com/watch?v=hCvAzzB-9p4&feature=share&amp...

N 10 B 973 C 4 E Apr 1, 1991 F Dec 11, 2016
  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Minotauro é libre. Por moi habilidoso que fose Dédalo, por férrea que fose a vontade de Minos, a teima do malpocado ser era a liberdade, e a súa determinación durante días eternos, anos interminables de veráns ásperos cretenses, aliviados polo cheiro fragante do romeu e o ourego dos montes máis alá da muralla, a súa teima era fuxir do lugar terrible, do seu destino funesto de devorador da mocidade ateniense.
Quen tiña que ser un pai para el, Minos, o rei victorioso, o estafador dun deus, a encarnación do poder, trazara unha vida cruel para o fillo da súa muller Pasifae. Ela non podía evitar a súa paixón, era máis ferinte do que a razón determinaba, e o boi enviado polo deus era un ser único, inmaculado na súa brancura, arrecendente a salitre e brillante como as estrelas.
Agora, por fin, a sucesión funesta de acontecementos non se chegará a dar: Teseo e Ariadna ofreceranse un ao outro lonxe dunha misión sanguenta, Minotauro non sentirá fender a súa carne polo aceiro forxado con misterio, Ícaro non precisará das súas ás lixeiras e perfumadas de mel; o sol sobre Ícaro seguirá a dourar o seu corpo mozo, xa non o precipitará no desastre.
Pero Minotauro agora ten unha derradeira misión, para que o novo destino se cumpra, para que o espanto que o rodeaba remate, terá que devorar a un último home, ao estafador do deus, ao poderoso rei que venceu aos atenienses, ao que tiña que ser un pai para el, a Minos.

MÚSICA: Giuseppe Verdi - "D'amor Sull'ali Rosee" (Il Trovatore), interpretado por Maria Callas.
youtu.be/GVkdESdcsRk

9.3%