Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Sets / O vello Cambados: pazos e casas
Sindo Mosteiro / 350 items

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Xa temos falado noutro momento de como os Torrado se fixeron co vello priorado agostiño da Modia e como pouco a pouco se foi parcelando e desfacendo aquel predio ao punto de faceren uso tamén da pedra do edificio e muralla para acometeren a construción da súa casa na Cabana, esta que podemos ver na fotografía. É un tipo de edificio bastante sinxelo seguindo unha liña eclecticista, destacando na fachada sur os dous escudos asombrados por unha pérgola que abeira a terraza. Un dos escudos é moi semellante ao que se colocou na chamada Casa da Cabana e ao que se pode ver na fachada principal do Pazo de Torrado, coas armas desta familia sostidas por unha serea tenante alusiva aos Mariño de Lobeira. O outro alude á familia coa que entroncaron estes Torrados, descendente da casa da Pena en Vilariño, no concello do Pereiro de Aguiar. O aspecto actual do edificio, cos rebos dos panos á vista, non se corresponde coa fasquía orixinal, onde se deixaban os recercados dos vans, zócalo e esquinais en resalte, protexendo a parede de rebos con recebado de morteiro de cal pintado. Cousas das modas de hai un tempo para acá de deixar toda a pedra á vista, perdendo o xogo de texturas e cor que tanto animaba as fachadas dos edificios de hai uns 100 anos. O Conxunto Histórico de Cambados sería outra cousa, máis alegre e elegante, e máis fiel á realidade histórica, se se conservasen estes recebados, o que ademais redundaría nun mellor aillamento do edificio.

MÚSICA: Altan ~ Dónal Agus Mórag The New Rigged Ship
youtu.be/c8X0Vu6y-i4

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Xa temos falado noutro momento de como os Torrado se fixeron co vello priorado agostiño da Modia e como pouco a pouco se foi parcelando e desfacendo aquel predio ao punto de faceren uso tamén da pedra do edificio e muralla para acometer a construción da súa casa na Cabana, esta que podemos ver na fotografía. É un tipo de edificio bastante sinxelo seguindo unha liña eclecticista, destacando na fachada sur os dous escudos asombrados por unha pérgola que abeira a terraza. Un dos escudos é moi semellante ao que se colocou na chamada Casa da Cabana e ao que se pode ver na fachada principal do Pazo de Torrado, coas armas desta familia sostidas por unha serea tenante alusiva aos Mariño de Lobeira. O outro alude á familia coa que entroncaron estes Torrados, descendente da casa da Pena en Vilariño, no concello do Pereiro de Aguiar.

MÚSICA: Yonder - "Gankino Horo"
youtu.be/er-3MWGJWTg

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Xa temos falado noutro momento de como os Torrado se fixeron co vello priorado agostiño da Modia e como pouco a pouco se foi parcelando e desfacendo aquel predio ao punto de faceren uso tamén da pedra do edificio e muralla para acometer a construción da súa casa na Cabana, esta que podemos ver na fotografía. É un tipo de edificio bastante sinxelo seguindo unha liña eclecticista, destacando na fachada sur os dous escudos asombrados por unha pérgola que abeira a terraza. Un dos escudos é moi semellante ao que se colocou na chamada Casa da Cabana e ao que se pode ver na fachada principal do Pazo de Torrado, coas armas desta familia sostidas por unha serea tenante alusiva aos Mariño de Lobeira. O outro alude á familia coa que entroncaron estes Torrados, descendente da casa da Pena en Vilariño, no concello do Pereiro de Aguiar.

MÚSICA: Leonard Cohen - So Long, Marianne
youtu.be/kxGP-GYs37M

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

(...)
—¡As Molucas son famosas! I hai moito señorío chinés no comercio i as nativas sempre están saíndo do baño e pedíndolle ós arábigos que as sequen.

Simbad saca mapa e Sari téndeo no chan, e coa conteira do seu bastón di ó piloto por onde caen as Molucas, o agáchase Arfe o Mozo e mesmo donde está a Moluca Maior atopa un cabelo longo e dourado i amósallo a Simbad.

—¿Seica é roxiña de pelo?

Simbad ponse colorado, pecha os ollos i acena tres ou catro veces coa cabeza. Pousa o bastón, e con ámbalas mans colle o cabelo que lle ofrece Arfe o Mozo, roza a meixela nel, salaia, envolve a freba de ouro nun dedo figurando un anelo, bica alí e conta:

—¡Ai, Venadita, Venadita! ¡Pois como nunca cheguei en todo iste tempo repasando mares a onde cae a Moluca Maior, non puiden decatarme de que ela me deixara esta memoria de seda! Unha serea do mar chamada Venadita, meu amigo. Sentábase ó meu carón e quería que lle ensiñese por mapa por donde me vería vir. ¡Mira que se chega a vir darme serenata dende o Iadid! Pequeniña, non había outra, e toda vestidiña do seu cabelo dourado, e sentábase na area da praia —eso sí, mantendo algo de rabo no mar; as sereas poden estar en terra firme a condición de manter un chisco da súa parte de peixe tocando auga…—, sentábase, digo, e todo era proubar a miña roupa, a miña pamela, a miña capa de damasco, a miña chilaba de liño albar, o meu camisolo de verán… Todo lle andaba sobrado, craro é, que foi o encontro por cando eu andaba nas duascentas libras nosas, que me pesei pra ver canto poidera coas patas súas a Ave Roc. Pro a neniña gozaba con isto e non sabía ser engañadora, e cando se poñía a cantar, coa cabeciña apousada nos meus xoenllos i aloumiñándome os pés e varrendo deles as areas co seu soave pelo, de repente paraba e decíame:

—¡Ai, Simbad, non creas nada, hom!
—I a preciosa estábame falando dunha illa que hai embaixo das augas donde o que chega, e por mentras esteña alí, ten que escoller unha figura de paxaro ou de ave maior, i eu podería andar de pavo real, i en todo é un o paxaro ou ave que escolle, e dáselle compañeira na familia i a cociña según o pedido natural, e cando te canses e volvas á tona do mar, podes traer unha saqueta de pedras preciosas… A miña serea Venadita ás vegadas botábase a chorar, que decía que non sabía inventar nada máis que iso e que xa tiñan dito as outras que como non sacase outra gracia de países ou de canto que non gañaría pra un peite de ouro. ¿El que é unha serea sin peite de ouro? E foi habendo entre nós máis intimidá, e muito agarimo, y entre as penas da Moluca Maior estabamos agachadiños á tardiña e pasámonos a bicos y outras gracias, y ela sempre probando a roupa miña e cada día tiña que levar eu prendas novas do millor, i hastra quiso probar as miñas bragas, que cabían tres coma ela en cada perneira, e meteunas na cachola pola petrina, que entón levábanse bragas de mexa pronta, que non sei por que pasou esa moda…

—¡Era unha grande comodidá! —dice Mansur— Eu inda gasto algunha.

—Pois iba decindo que probou as bragas, e coma polo calor das Molucas, eu andaba en cos e a camiseta era un medio xubón con vainica, quedei coa barriga ó aér, e foi cando Venadita se decatou de que eu tiña embrigo. ¡Moito se riu! ¡Tódolos días tiña que deixarlle miralo, e metía nil un dediño, y hastra unha vez se porpasou a darme un bico alí, e cando nos despedimos, que veu diante da miña nao, asubiando pra ensiñarme unha corrente que vai tres coartas por debaixo da frol, i eu metera nos camarotes a toda a tripulación porque nona visen á señora Venadita, berrábame dende o mar que moito iba a botar en falta os xogos có meu embriguiño…

—Regaleille un peite de ouro, e xa sabes como son as mulleres: Porque visen as outras que xa sabía gañarse a vida, quixo quedarse unha tempada naquelas praias. ¡Que non sei qué chiste lle terá a doña Venadita afogar molucos!

Desenvolveu Simbad o cabelo dourado e pousouno onde aparecera, na Moluca Maior.

—¡Aínda que non houbera cravo nas Molucas, Arfe amigo! ¡Tódolos corazóns teñen a súa gacela!
(...)

Álvaro Cunqueiro, Si o vello Simbad volvese ás illas, 1961.

MÚSICA: Rui Veloso - O Ourives Mestre João
youtu.be/NdXDZHADBQI

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Guardamos nuestras notas y apuntes y abandonamos con pena aquel lugar de ensueño y evocación, para dirigirnos, en despedida, al palacio de Fefiñanes, en donde nos esperaba la probada hidalguía de su morador y dueño el Marqués de Figueroa. Paladeando aún el amante albariño de la Casa ascendimos a la torre-atalaya palaciega, para admirar en toda su amplitud la belleza insuperable de la Ría de Arosa y sentir la emoción de aquella hora vespertina: el mar acababa de comulgar panteísticamente el rojo disco del sol, y en la lejanía las sombras se apoderaban paulatinamente de las personas y de las cosas. Miramos una vez más hacia el venerando lugar que guarda aquellos sagrados despojos: la silueta de la torre había desaparecido.

José Caamaño Bournacell, Sonata Gallega, nº 10, 1948.

MÚSICA: C. Franck - Violin Sonata in A Major (Renaud Capuçon & Khatia Buniatishvili)
youtu.be/G3WQJ4NBJLg


1.4%