Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Sets / Natureza
Sindo Mosteiro / 363 items

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Some say the world will end in fire,
Some say in ice.
From what I’ve tasted of desire
I hold with those who favor fire.
But if it had to perish twice,
I think I know enough of hate
To say that for destruction ice
Is also great
And would suffice.

Robert Frost, 1920

MÚSICA: Loreena McKennitt- Kecharitomene
youtu.be/-ZCLLik9rHM

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Tenrura

Pouco importa que a ave da esperanza
ou a chispa amarela do desexo
crucen por nós como un salouco
par converterse en néboa
ou sombra esvaída na lembranza.
O que de verdade importa,
amada e irrenunciábel compañeira,
é a chama delicada da tenrura
coa que alcendemos o lume
no que queimamos a monótona
tristeza dos días e onde arde,
serea e mansamente, a árbore
fidel e rumorosas da nosa propia vida.

Manuel María, A luz resucitada (1984).

MÚSICA: Lamatumba - Lume
youtu.be/km3pE8RSmNU

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Hai moitas cousas que empezan con labaradas ou pequenas
explosións:

Un paseo en coche
As festas do San Xoán
Blade runner
Os xogos olímpicos
A criatura de Frankenstein
O número circense do tragalumes
Unha visita ao Inferno
O amor
Unha canteira
O aninovo
Unha espada
Un peixe ao forno
Unha conversa cun dragón
Unha anana branca do espacio sideral
A cidade cincenta de Pompeia
A transformación de Pinoccio en neno real
Nagasaki hoxe
A apocalipse
Os ciumes
O Big Bang
O lanzamento dunha nave
O todo
A nada
Unha sopa quente con fideos de mamá

"O fogar estaba no centro da casa... para cada membro da
familia era coma o embigo da terra... ao seu redor reunían
todos para compartiren o xantar e a calor do lume. Era o
lugar de honor reservado para o hóspede ou visitante
ocasional".


O lume non é humano. Pero fíxonos homes. Para estar
neste mundo cómpre pasar polo lume: cauterizar unha
ferida, saltar nove veces unha lumieira, ver a salamántiga,
cociñar, experimentar o terror animal perante un incendio,
visitar aos bombeiros cando se teñen nove anos e choutar
na cama elástica de salvamento, enredar coas pastillas de
acendido, dicir o esconxuro da Queimada, martirizarse
nunha barbacoa, visitar refinerías de noite, prender un
misto no escuro...

"No Paleolítico superior, en Moravia (Chequia) utilizouse como combustible
a medula que penduraba dos ósos esnaquizados de grandes animais, coma
o mamut"

Estíbaliz Espinosa, Postal I e II dende a refinería [para o libro colectivo LUME]

MÚSICA: Ed Sheeran - I See Fire
youtu.be/2fngvQS_PmQ

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

Salto por enriba
do lume de San Xoán
para que non me morda
nin cobra nin can.

Copla popular recollida en Silleda.

MÚSICA: Luis Peixoto - Cavatronica
youtu.be/xapNZm2pg1o

  • DESCRIPTION
  • COMMENT
  • MAP
  • O
  • L
  • M

A Víspora de San Xoan

Que noite tan hermosa. Xa os rapaces
fixeron os montóns diante das portas
con garabullos, toxos e loureiros
Pra escomenzar a troula

Alcéndese a fogueira con faíscas
Y-o punto una tremenda labarada
cinteleando chispas, salta e rube
e triscando se espalla
Viva, Viva! ... din todos á porfía
Brincando por encima da fogueira
uns detras dos outros sin cuidar qu'o lume
lles queimase as pernas

Quen pode esquencer de vello
os seus tempos de rapás
quen pode esquencer a noite,
a noitiña de San Xuan
C'o seu sequito de bruxas
fogueiras, baños de mar,
augas de rosas, parrandas,
troulas, bailes e ainda máis?
Si hasta vellos como somos
ós fogos ímos brincar!

Alfredo Brañas, Certame de Pontevedra, 9 Agosto 1886.

MÚSICA: TRIM - Ratchenitza
youtu.be/IuXc-grD4uk


1.4%