Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Cruceiro de Beiro
Sindo Mosteiro / 5,362 items
O cruceiro de Beiro, situado neste lugar da parroquia de Cordeiro, no concello de Valga, é un exemplar extraordinario pola calidade da súa labra e pola cantidade de anos que teñen pasado por el. Trátase dun exemplar erixido nalgún momento indeterminado do século XVI e presenta características estilísticas que combinan xeitos de facer góticos e renacentistas. Aparentemente erguíase sobre tres gradas, algo que hoxe en día non se pode constatar a causa do detestable trato dado a un elemento tan destacado do noso patrinomio cultural, xa que os predios veciños non dubidaron en axeitar os seus peches e accesos retirando o que lles estorbase desta "antigualla", non dubidando en encaixar o dado que o soporta e as gradas nun patio de recente construción. O dado está achafranado e nos chafráns figura unha serie de caveiras e ósos cruzados referentes ao Calvario, tradicionalmente identificado como lugar onde foi enterrado Adán, sobre o que posteriormente se levantaría a cruz que o redimiría. O varal presenta unha pequena base moldurada propia dos esteos renacentistas e remata nun lixeiro engrosamento moldurado que non chega a constituír un capitel, o que leva a pensar que podería faltar esta peza do seu lugar, se é que algún día a tivo. Enlazando ambos extremos o varal corre con oito caras. A cruz amosa unha estrutura de madeira viva cos cotos presentes, o que lle dá un ritmo salientable ao conxunto, enlazándoos cunha liña que forma uns extremos máis ou menos flordelisados. Por unha cara lábrase ao habitual Cristo crucificado morto, aureolado e pousando o pé dereito sobre o esquerdo. Na outra cara está a labra da Virxe co Neno cun traballo menos logrado pola desproporción dos protagonistas, a desorganización dos pregados e unha rixidez pouco natural de forte sabor popular. Descansa os pés a Virxe sobre unha testa de anxo. Substitúese a serie de cotos da madeira da outra cara por outra de bolas que permiten lograr un ritmo similar. O estado de conservación desta cara é peor que o da outra, pois á rotura que afecta a un dos brazos da cruz únese a desaparición do rostro da Virxe. Hai que lamentar tamén a excesiva limpeza efectuada recentemente sobre o cruceiro que deixou un aspecto desgastado e moi probablemente levou consigo parte da superficie orixinal.

MÚSICA: "Te Deum Laudamus" de los Maitines para Nuestra Señora de Guadalupe de Manuel Arenzana (ca.1762-1821). youtu.be/o-LueIRsP7M
Popularity
  • Views: 4594
  • Comments: 3
  • Favorites: 3
Dates
  • Taken: Sep 26, 2010
  • Uploaded: Sep 24, 2013
  • Updated: Dec 25, 2014