Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / As Vieiras de Manolo Paz
Sindo Mosteiro / 5,362 items
As tres vieiras que se fincaron á beira do mar, diante da casa do Concello de Cambados, ocupan o que noutro tempo foi o parque infantil onde os nenos do meu tempo enredabamos no noso deambular despreocupado. Nese lugar había unha randeeira que adoitaba ser o lugar idóneo onde demostrar a valentía dos rapaces. Eu xa vin partir dentes e rabuñadas a moreas nos saltos que se daban desde elas, entre eles o meu veciño daquela, Roberto, que bateu o récord de distancia aterrando coa cara (vaia estropicio).
En canto a Manolo Paz, hoxe en día recoñecido coma un dos mellores escultores galegos contemporáneos, académico na coruñesa Academia de Belas Artes, e autor de iconas imprescindibles do tipo dos menhires da Coruña, é un cambadés de Castrelo, nacido no 1957, e o seu xeito de traballar sempre estivo ligado directamente co material que acomete, procurando poñer de manifesto as súas características naturais coa súa intervención. A súa formación como canteiro foi un paso necesario para chegar aos segredos do material que había de ser o fundamental da súa carreira, a pedra. Naqueles primeiros tempos, cando eu aínda era un neno, adoitaba coincidir con el no taller de Lino Silva, veciño meu, co que pasaba moitas tardes admirado co seu traballo no lenzo ou apañando bichos e obxectos extravagantes nos montes para a súa colección. Lembro que un día me puxeron unha tarefa, supoño que para me teren ocupado, e debía facer un debuxo o mellor posible dunha maternidade que Manolo estaba a modelar en barro. Seguramente foi o meu primeiro debuxo en gran formato e probablemente xa me vía eu coma outro artista máis entre dúas persoas que sempre admirei polo seu traballo. Desde aquí quero lembrar, xonto con Manolo Paz, a Lino Silva, agora nun momento complicado, internado nun hospital tras un accidente que o mantén lonxe da vida bohemia, da moto que malamente o levaba aos furanchos, e dos seus queridos lenzos e pinceis. Ánimo, Lino.

MÚSICA: Anxo Lorenzo - Tirán
youtu.be/Lc_tplLMj5E
Popularity
  • Views: 1096
  • Comments: 3
  • Favorites: 2
Dates
  • Taken: Dec 25, 2012
  • Uploaded: Sep 12, 2013
  • Updated: Apr 18, 2021