Xa van alá 25 anos, parece mentira, da creación do Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES), do que son socio practicamente desde os seus inicios. O traballo realizado por toda a xente que ten pasado por el ben seguro que fixo do Salnés un lugar mellor para vivir, sempre foi a conciencia verde que puxo freo, no que boamente se podía, ás actitudes irresponsables co medio de administracións, empresas e particulares, que de todo ten habido. Este ano, para celebrar unha data tan redonda, convocouse un concurso de fotografía da natureza, da que resultaron gañadores Brais González e José Manuel Puente Márquez, con dúas magníficas fotografías que foron premiadas con cestas de produtos ecolóxicos, parabéns aos agraciados. Eu tamén me presentei, claro, e as miñas tres fotos foron seleccionadas para a exposición que se inicia en Punta Vicaño e que proximamente irá percorrendo a comarca, se é que hai lugar dispoñible. Para máis información sobre o CES podédesvos achegar a:
cesalnes.wordpress.com/
As miñas fotos nesta exposición son as seguintes:
MÚSICA: IALMA - Voltar
www.youtube.com/watch?v=T-PvdkNvWn0&feature=share&...