Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Casa Santamarina da Cabana
Sindo Mosteiro / 5,362 items
Xa temos falado noutro momento de como os Torrado se fixeron co vello priorado agostiño da Modia e como pouco a pouco se foi parcelando e desfacendo aquel predio ao punto de faceren uso tamén da pedra do edificio e muralla para acometeren a construción da súa casa na Cabana, esta que podemos ver na fotografía. É un tipo de edificio bastante sinxelo seguindo unha liña eclecticista, destacando na fachada sur os dous escudos asombrados por unha pérgola que abeira a terraza. Un dos escudos é moi semellante ao que se colocou na chamada Casa da Cabana e ao que se pode ver na fachada principal do Pazo de Torrado, coas armas desta familia sostidas por unha serea tenante alusiva aos Mariño de Lobeira. O outro alude á familia coa que entroncaron estes Torrados, descendente da casa da Pena en Vilariño, no concello do Pereiro de Aguiar. O aspecto actual do edificio, cos rebos dos panos á vista, non se corresponde coa fasquía orixinal, onde se deixaban os recercados dos vans, zócalo e esquinais en resalte, protexendo a parede de rebos con recebado de morteiro de cal pintado. Cousas das modas de hai un tempo para acá de deixar toda a pedra á vista, perdendo o xogo de texturas e cor que tanto animaba as fachadas dos edificios de hai uns 100 anos. O Conxunto Histórico de Cambados sería outra cousa, máis alegre e elegante, e máis fiel á realidade histórica, se se conservasen estes recebados, o que ademais redundaría nun mellor aillamento do edificio.

MÚSICA: Altan ~ Dónal Agus Mórag The New Rigged Ship
youtu.be/c8X0Vu6y-i4
Popularity
  • Views: 1336
  • Comments: 4
  • Favorites: 6
Dates
  • Taken: Dec 25, 2012
  • Uploaded: Jul 16, 2013
  • Updated: Apr 16, 2016