Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Adega Martín Códax
Sindo Mosteiro / 5,362 items
A adega Martín Códax é a máis importante da Denominación de Orixe Rías Baixas en razón ao seu volume de produción, pero tamén é unha das máis destacadas en canto a valoración da crítica especializada ao longo da súa historia. O acadado hoxe non entraría sequera dentro do campo dos soños daquela media ducia de pequenos viticultores a tempo parcial que se reunían a principios dos anos 80 para procuraren poñer en valor a variedade albariña por medio da unión cooperativa. Entre este puñado de soñadores estaba meu pai, convencido da oportunidade que supoñía o cooperativismo para un cultivo tan atomizado, algo que soubo transmitir a moitos veciños da comarca grazas ao seu traballo de panadeiro e á súa habilidade social. Tras unhas cantas reunións lograron adquirir cun exiguo presuposto uns terreos en Burgáns, próximos á escola de Vilariño onde se facían algunhas delas. O ano no que oficialmente se constitúen a adega e a agrupación de colleiteiros é o 1986, cun número de 100 socios. Hoxe a adega segue nese mesmo lugar, desde o que se albisca unha linda vista de Cambados e a ría de Arousa e actualmente somos 270 familias as integrantes desta feliz iniciativa.

MÚSICA: "Ondas do mar de Vigo" - Martín Códax, s. XIII.
youtu.be/IhrtApWvyjg
Popularity
  • Views: 614
  • Comments: 15
  • Favorites: 3
Dates
  • Taken: Nov 3, 2012
  • Uploaded: Mar 26, 2013
  • Updated: Feb 23, 2017