Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / No cemiterio de Santa Mariña
Sindo Mosteiro / 5,362 items
CIMENTERIO DE CIDÁ

A soberbia dos poderosos chega até os cimenterios
e trócase en mármores corintios
i en bronces propietarios.
Compre chantar no mundo ista pancarta:
Hai mortos de primeira e de segunda,
e mortos que non teñen onde cairse mortos.
Oesquelete dun rico
val por tres esqueletes
dises homes sinxelos que cobran os sábados
un xornal resuado de sonos i esperanzas.
Os mortos poderosos
chegan ao cimenterio con boleto de palco
e métense nunha furna de mármol separatista,
pensando que as trompetas do xuicio final
tocarán pra iles en escrusiva
unha fermosa diana froleada.
Un día despoxarémolos disa terra ofensiva
e faremos unha soia tumba igualitaria.
Deitaremos no mar os mármoles noxentos
e os bronces orgullosos fundirémolos no lume.
Aos herdeiros dos soberbios mandarémoslle os ósos
dos seus devanceiros pra que os coticen na Bolsa
cos nitratos, cos ferros, co carbón e o cobre,
i esí poidan vivir, coma sempre, de rendas.

Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra, 1962.

MÚSICA: Giovanni Sollima - Hell I
www.youtube.com/watch?v=ZuAA8QvQ_bs&feature=colike
Popularity
  • Views: 677
  • Comments: 3
  • Favorites: 1
Dates
  • Taken: Nov 1, 2011
  • Uploaded: Nov 20, 2012
  • Updated: Nov 19, 2016