Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Un piorno con medidas defensivas
Sindo Mosteiro / 5,362 items
Este piorno está situado no lugar de Lourido, da parroquia de Castrelo, do concello de Cambados. Ao can non lle chistou que un tipo coa miña pinta lle tirase fotos indiscriminadamente á súa casa. Entre ladrido e ladrido pareceume que alegaba non sei que artigo relativo ao dereito á intimidade e que xa tería noticias do seu avogado. Can ladrador...
Noutro lugar pasaban cousas deste estilo: uns señores que disque nos representan e que máis ben nos exprimen tamén tratan de evitar que os lexítimos donos da casa que ocupan se acheguen a ela, para evitar tal cousa levantan valados e soltan aos seus cans, pero estes non se limitan a ladrar, levan obxectos contundentes para facer impoñer a súa lei. Creo que é tempo de volver cantar aquelo que dicían Benedicto e Bibiano, no seu tema "Can de palleiro" hai case 40 anos: Abaixo a dentadura!

MÚSICA: Benedicto e Bibiano - Can De Palleiro
www.youtube.com/watch?v=uKzgTn2KbxU&feature=colike
Popularity
  • Views: 329
  • Comments: 10
  • Favorites: 4
Dates
  • Taken: Apr 7, 2012
  • Uploaded: Sep 27, 2012
  • Updated: Nov 7, 2014