Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / O neno e o camposanto
Sindo Mosteiro / 5,362 items
CAMIÑO D’A COVA

Por onde queira que van
os camiños d’o rueiro
sempre veñen a parar
n-as veiras d’o siemnteiro!...

Tir’a morte pol-a vida,
e aló d’a Igrexa n-o adro,
dan uns caminiños que
ninguén deixará d’andalos.
Entr’herbas, de cruces cheo,
cánto atrae o campo santo!
O pé da vella oliveira,
alcontrase vell’osáreo,
relíqueas de muito tempo,
restes de corpos e cráneos.
Sírvenlles de xogo ôs nenos
que xogan, com’o xogano
seus abós; d’éles tal vez
son os osos que atoparon!
O remudare d’a terra,
d’ela fora os foi botando,
d’as covas, que o pé d’a Igrexa,
e o seu redor alcontramos.
¡Y esas serán nosas covas,
as d’os nosos que pasano,
e qu’esperando por nos,
estannos sempre chamando!
¿Que moito costantes busquen
os pensamentos o adro,
s’ali dan cantos camiños
n-a nosa vida levamos?
Din ben verdá cando falan
os d’aló, moi dend’antano:

Por onde queira que vas,
camiño d’o meu rueiro,
o fin levarasme dar
n-a cova do simenteiro!

Juan Gil Armada (Marqués de Figueroa), Del Solar Galaico, 1917.

Para un neno todo lugar é bo para unha brincadeira

MÚSICA: El brujito de Gurugú - Rosa León
www.goear.com/listen/007afb0/el-brujito-de-gurugu-rosa-leon
Popularity
  • Views: 720
  • Comments: 7
  • Favorites: 3
Dates
  • Taken: Nov 1, 2011
  • Uploaded: Apr 1, 2012
  • Updated: May 19, 2015