Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Cruz da Santa Misión do monte da Pastora
Sindo Mosteiro / 5,362 items
Esta cruz, colocada en conmemoración da "Santa Misión" de 1940, sitúase nun con que remata a cimeira do monte da Pastora en Cambados. Hoxe o lugar serve de miradoiro con vistas á vila e á ría.

"Os cadavres erguéndose da morte como decían os frades barbudos que, de neno, viñan padricarnos a mensión.
Alá ibamos todos a axuntarnos na carballeira, as cruces dediante, mulleres, nenos, e tamén algúns homes ós que non lle apuraba outro labor. O crego vello que se chamaba don Mingos a cantar ca súa voz de montañés afeito ó mataquintos e á parva. "Viva María. Viva el Rosario..." E no alto do ceu de vrau voaban os corvos, grallando quen sabe por que prea que andarían a cotifar. Subido no púlpito, a carón dun carballo que lle facía palio cas súas polas, o pradicador, ollos de outro mundo no seu rosto esluado de caveira con barvas, erguía un dedo contra o ceu, mentres na outra man sostía o retrato sin barbas nin pelexa, covas os ollos, da súa faciana. "Vedlas ahí, las aves agoreras, esperando los despojos de vuestras almas apodrecidas en el pecado. Temblad, míseros, la justicia de Dios está a llegar". E tremabamos todos, alí no frescor da carballeira, baixo o lume dos ollos do frade e o gacear dos corvos. Tremabamos cheos de aquel medo tan doce que se facía físico, apalpable, nos nosos corpos, alí na carballeira verde que tornaba dos raios de sol (...).
Verdades de a moio, testemuñadas polos libros de trampas mouras e cintiñas de coores pra marcar a folla, unha medalla encolgada de cada cinta. Antes morrer que pecar. E o frade erguía o seu dedo ó ceu, alá na carballeira. "Vedlas, aguardando a quitaros los ojos, esos ojos que tanto han pecado concupiscentes. Vedlas ahí, las aves diabólicas por el cielo, las aves siniestras que cumplirán la justicia de Dios. Arrepentíos, pecadores, expiad vuestras inconmensurables culpas: la Hora se acerca".
Todos abraiados, ca boca aberta a seguir as súas palabras. Pola mañán e pola tarde na capela ás escuras das Servas os rapaces do instituto, antes morrer que pecar. Cheiro de prea, xofre, onde furan as toupas, vermes visgosos, estralar de lucería infernal nas palabras meazantes do capelán. Meazantes unhas veces, paternales outras. Antes morrer que pecar (...).
Os febles resentidos póñenlle grillóns nos pulsos ós fortes por medio do pacifismo cristiano. Deus e Patria. Santa única e Católica Nación. Non Deus Fratresque Gallaecia. A católica unión das terras e os homes de España, un soio rebaño baixo do caxato dun soio Pai, heréticos edípicos separatistas. Escomungádeme a todos os separatistas, arredistas, autonomistas, autodeterministas, federalistas, a forza toda nas miñas mans. Toma ben as rédeas, fai zoar a fustra e que non se desmande ninguén. Nin as palabras, as palabras tolas en sermo vulgaris, as palabras de lume que encirran á rebelión. Palabras coma vagallóns, que veñen bater en nós, espidos".

Xosé M. Martínez Oca, Pola beira de todas as praias neste leito de morte, 1981.

MÚSICA: J. S. Bach - "Gloria in Excelsis Deo" da Cantata BWV 232
www.youtube.com/watch?v=cGRbOjqOSYs&feature=colike
Popularity
  • Views: 2889
  • Comments: 39
  • Favorites: 7
Dates
  • Taken: Feb 7, 2012
  • Uploaded: Mar 1, 2012
  • Updated: May 25, 2021