Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Pazo de Barral 1
Sindo Mosteiro / 5,362 items
GALEGO: O pazo de Barral ou Casa de Correos, sitúase na rúa do Hospital, antigamente a rúa principal de comunicación entre Cambados e San Tomé do Mar. Denomínase popularmente de Correos porque aquí funcionaron durante moito tempo as oficinas de Correos do Estado; en canto á outra denominación débese a que os vellos propietarios foron os Barral, quen venderon a Vicente Zárate Ambrós nos anos 20 do século pasado e del pasou á súa descendencia. A actual propietaria é Joaquina Pomares Zárate, que procedeu a unha restauración no ano 1992 que deixou luces e sombras, pois do interior non quedou nada, sendo de lamentar a perda da vella esqueira de pedra. É unha casa de planta rectangular con baixo e un andar, levantada con boa sillería, de aspecto macizo e onde destaca a entrada sostida por un arco alintelado. Contaba esta casa cunha horta e xardíns de boas dimensións que foi partida polo medio e menguada pola estrada que se fixo para comunicar con Ogrobe. A parte que quedou na traseira da casa segue a estar coidada con moita delicadeza, como se pode ver na foto que acompaña a esta.

ESPAÑOL: El pazo de Barral o Casa de Correos se sitúa en la calle del Hospital, antiguamente la calle principal de comunicación entre Cambados y San Tomé do Mar. Se denomina popularmente de Correos porque aquí funcionaron durante mucho tiempo las oficinas de Correos del Estado. En cuanto a la otra denominación se debe a que los antiguos propietarios fueron los Barral, quienes vendieron a Vicente Zárate Ambrós en los años 20 del siglo pasado y de él pasó a su descendencia. La actual propietaria es Joaquina Pomares Zárate, que procedió a una restauración en 1992 que dejó luces y sombras, pues del interior no quedó nada, siendo de lamentar la pérdida de la vieja escalera de piedra. Es una casa de planta rectangular con bajo y un piso, levantada en buena sillería, de aspecto macizo y donde destaca la entrada sostenida por un arco adintelado. Contaba esta casa con huerta y jardines de buenas dimensiones que fue partida por medio y menguada por la carretera que se hizo para comunicar con Ogrobe. La parte que quedó en la trasera de la casa sigue estando cuidada con mucha delicadeza, como se puede ver en la foto que acompaña a ésta.

MÚSICA: Aí vai outra de John Dowland, "Sorrow stay"
www.goear.com/listen/a7eceb6/sorrow-stay-john-dowland
Popularity
  • Views: 1494
  • Comments: 5
  • Favorites: 0
Dates
  • Taken: Oct 2, 2011
  • Uploaded: Oct 15, 2011
  • Updated: Oct 22, 2014