Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Estorniños
Sindo Mosteiro / 5,362 items
Sabedes de algo máis barulleiro que un milleiro de estorniños faladeiros a máis non poder? Non vos quero contar como queda o chan que hai debaixo deste guindastre, abonado para varias campañas agrícolas dunha volta. Así son eles, como unha panda de adolescentes en pleno botellón de fin de curso.

Oí og' eu ũa pastor cantar
du cavalgaba per ũa ribeira,
e a pastor estava senlleira;
e ascondi-me pola escuitar,
e dizia mui ben este cantar:
"Solo ramo verd' e frolido
vodas fazen a meu amigo;
¡choran ollos d' amor!"

E a pastor parecia mui ben,
e chorava e estava cantando;
e eu mui passo fui mi·achegando
pola oír, e sol non falei ren;
e dizia este cantar mui ben:
"¡Ai estorniño do avelanedo,
cantades vós, e moir' eu e pen'
e d' amores ei mal!"

Airas Nunes, s. XIII.

Música: "Birthday" na súa versión inglesa de The Sugarcubes.
www.goear.com/listen/1767a17/birthday-englishversion-the-...
Popularity
  • Views: 1139
  • Comments: 9
  • Favorites: 8
Dates
  • Taken: Nov 11, 2007
  • Uploaded: Sep 29, 2011
  • Updated: Jan 8, 2019