A primeira cámara que comprei foi unha reflex Zenit-122, a principios do ano 1989 e con ela fixen fotos até setembro de 1990, cando ma roubaron na estación de tren de Palermo. Ao pouco comprei outra Zenit-122, a que se pode ver na foto, que fun utilizando durante bastante tempo, concretamente até decembro de 2005, cando se averiou. Con ela tiña seguramente a mesma sensación que tivera Henri Cartier-Bresson moitos anos antes, falando da súa Leica:
“Fun a Marsella. Unha pequena renda permitíame afrontar os gastos, e traballei con entusiasmo. Recén descubrira a Leica. Transformouse na extensión dos meus ollos e nunca me separei dela desde que a atopei. Merodeaba polas rúas todo o día, tenso e preparado para choutar, decidido a ‘atrapar’ a vida, a preservar a vida no acto de vivir. Ante todo, ansiaba apresar nos confíns dunha soa fotografía toda a esencia dalgunha situación que se estivese a desenvolver diante dos meus ollos.”
MÚSICA: Nils Frahm - Corn
youtu.be/zxhFKK2gl_c