Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Geranium molle
Sindo Mosteiro / 5,362 items
As especies da familia das Geraniaceae en xeral teñen sido aproveitadas con frecuencia pola medicina tradicional en moitos lugares do mundo. As súas aplicacións son variadas, empezando polo tratamento das migrañas, rebaixando tamén os niveis de estrés e ansiedade. Posúen tamén capacidade antiinflamatoria, aplicándose para problemas musculares e das articulacións, considerándose antirreumáticas, e o seu uso esténdese ao tratamento dos arrefriados pola súa capacidade antibacteriana e antifúnxica. En estudos recentes tense comprobado a capacidade de rebaixaren os niveis de azucre en sangue, polo que resultan eficaces no tratamento da diabete. Tamén teñen utilidade para deteren hemorraxias, en afeccións gástricas, infeccións nos riles, ictericia e outros.

MÚSICA: Naragonia - Carabel (Scottish)
youtu.be/eyHv6Z9iWX0
Popularity
  • Views: 903
  • Comments: 3
  • Favorites: 12
Dates
  • Taken: Mar 2, 2013
  • Uploaded: Feb 6, 2019
  • Updated: Feb 13, 2019