Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Minotauro e o labirinto, 1991
Sindo Mosteiro / 5,362 items
Minotauro é libre. Por moi habilidoso que fose Dédalo, por férrea que fose a vontade de Minos, a teima do malpocado ser era a liberdade, e a súa determinación durante días eternos, anos interminables de veráns ásperos cretenses, aliviados polo cheiro fragante do romeu e o ourego dos montes máis alá da muralla, a súa teima era fuxir do lugar terrible, do seu destino funesto de devorador da mocidade ateniense.
Quen tiña que ser un pai para el, Minos, o rei victorioso, o estafador dun deus, a encarnación do poder, trazara unha vida cruel para o fillo da súa muller Pasifae. Ela non podía evitar a súa paixón, era máis ferinte do que a razón determinaba, e o boi enviado polo deus era un ser único, inmaculado na súa brancura, arrecendente a salitre e brillante como as estrelas.
Agora, por fin, a sucesión funesta de acontecementos non se chegará a dar: Teseo e Ariadna ofreceranse un ao outro lonxe dunha misión sanguenta, Minotauro non sentirá fender a súa carne polo aceiro forxado con misterio, Ícaro non precisará das súas ás lixeiras e perfumadas de mel; o sol sobre Ícaro seguirá a dourar o seu corpo mozo, xa non o precipitará no desastre.
Pero Minotauro agora ten unha derradeira misión, para que o novo destino se cumpra, para que o espanto que o rodeaba remate, terá que devorar a un último home, ao estafador do deus, ao poderoso rei que venceu aos atenienses, ao que tiña que ser un pai para el, a Minos.

MÚSICA: Giuseppe Verdi - "D'amor Sull'ali Rosee" (Il Trovatore), interpretado por Maria Callas.
youtu.be/GVkdESdcsRk
Popularity
  • Views: 973
  • Comments: 4
  • Favorites: 10
Dates
  • Taken: Apr 1, 1991
  • Uploaded: Dec 11, 2016
  • Updated: Jun 16, 2020