Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Pazo de Ribadeneira en Cudeiro
Sindo Mosteiro / 5,362 items
Fotografía tomada coa vella Zenit-122 en xuño de 1995.

O fidalgo — ¡Non coñezo ista mansión..., pro astra a maseira dos porcos semella trasposta sub speciae aeternitatis! Meu berce e e miña tampa. Si xiquer... Pois a capa de procelas e de camiños, a máxica e zarabandesca, foi pra sempre esgarrafizada polas farpas do vento e, cos seus fianchos, nin as Parcas, ben aconselladas, poderían fiar a miña mortaxa... (Atoutiñando, chega ó seu leito, disforme e frío, navío dos ensoares) Acocharei eiquí. Soio en sonos poderei acougar no teu inmenso e soante amor. Mais, ¿que estantiguas son istas? Eu pra morrer quero ó crego siloxístico e probabilístico das Penas Illás e ó escribán palimpséstico das Engrobas. ¿E vós?

A pantasma de Empédocles — ¡Ben pouco ser concedías á túa capa! Ela, máis lonxe das fronteiras humás, encobre e abriga o castro onde a Venus-Palas durme ensoando os nove cosmos que teñen de vir diante do caos... máis aló da cinza ardente do Etna. ¡Ten paciencia! ¡Vou mirar si louqueo o outro Apolo do Norde...!

A pantasma de Nietzsche — ¿E aínda coidabas a túa capa lembrándote a ti? ¡Ela, que acougou o vento, que é a imaxe do devenir e non morre! Nestora cobre o leito onde durmen abrazadiños, como dous nenos, o Ben e o Mal. Voume dar unha volta con Arturo Schopenhauer, ¡o derradeiro e triste traxediante!

O fidalgo — (Despoixa dun sono, descóbrese fortecho, anque espido e sen moita clareza de xuízo) Será ilusión. Ou o costume de outras noites. Como si un revoar da miña capa chamara, amantiña fiel, nos vidros... Mais ¡si xa, pra un home de siso, xa son un probe morto! ¿Nonsí, moucho dos sabidentes ollos? ¡Si souperas cantar gregorián...! Mais non hai cirios pra un morto como os teus...

O moucho — (Dende a lumieira da fenestra; fóra latexan mil ventos; os ollos do moucho locen acesos de verdade e paixón) ¿E pra iso criáchete no pazo? ¿Pra se fiar das filosofías á moda, con menos fondamentos do que a cosmética das mulleres ou a xenealoxía dos señores? ¿Por que non fiaches nos númenes da casa, da nau da casa vogadora do tempo? Considera: o manto cobre a serra e coto máis xeitoso do teu hourizonte. Debaixo dorme a princesa dos celtas, pro meu canto esperte agarda a croa de ouro en frol, de ouro aínda verdecido, do abrente do metal. ¿Serás home pra voltare a pretender a capa que dé forma ós ventos e pode cobrir ó morto e ó neno, ó druída e ó poeta? Eu, o Douctor tristeiro das Teebras, cho digo: ¿serás valente?

O fidalgo — Vou... que me non sintan saír. Ráchame o corazón deixalos...

Todos para si — Nestora coñeceu a Morte. Pode trunfar.


Ramón Otero Pedrayo, O fidalgo e a noite, 1970.

MÚSICA: Rameau - Les Sauvages (versión para piano), interpretado por Grigory Sokolov
youtu.be/_HZl0qHUbJc
Popularity
  • Views: 1243
  • Comments: 2
  • Favorites: 3
Dates
  • Taken: Jun 1, 1995
  • Uploaded: Nov 26, 2016
  • Updated: Nov 27, 2016