Fotografía tomada cunha Sony Digital Mavica MVC-FD7 no 30 de agosto de 1998
(...)
Como un deus perdido
deambulava naquelas desamparadas paraxes
Ao lonxe intuia-se unha multitude desvairada
De súpeto veu a noite
No Prado da Cancela coberto de flores brancas marelas adormecin
Regresava ao país natal mentres adormecia
No meu soño reenxendrava-me dava-me nova vida
(...)
Secretamente e por rito antigo asasinado
ao Paraíso das Tres Sombras descín
ali toda a noite en vacío repouso como quen agarda
Como quen morre deitei-me no linde do mundo
coberto de mapoulas adormecín
(...)
O mundo deixara xa entón de existir arredor meu
Fixo-se un grande siléncio era a estación de aparear-se
A flor a ensoñadora flor que cada primavera vive e morre
Cada primavera salfire nos bosques de alisos e bidueiras
o arrecendo de aquilo que amañece
e era tan grande que deixava mudas as persoas
(...)
A vida despregava-se no seu dobre de sombra
Os meus ollos dormian
o seu antigo non invadido soño sen imaxes
(...)
Cesáreo Sánchez, A árvore das sete palavras, 1990.
MÚSICA: Enrique Granados - El Pelele, Goyesca, interpretado por Fernando Cruz
youtu.be/-zLWiQxeTfk