Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Narciso Pérez: San Ero d'Armenteira
Sindo Mosteiro / 5,362 items
Os paxaros cantan cando a tepidez do sol desperta as arelas vexetáis e remanece a vida como unha cantiga de promesas da nova seifa(...). O malvís da suidade, que noutrora escoitara absorto San Ero, degrae no seu corazón o trino mélido e divino, e todol-os tempos da nosa vida literaria se fan un: xúntase o pasado c'o presente, e vencéllanse c'o porvir nun valor radioso de eternidade.
Vaise a renovar o misterio creador no santo cáliz da nosa fala enmudecida, que contén o sangue vivificante do noso espírito. A alma galega vai a tomar novamente carne musical nos acentos lenes e manseliños da linguaxe do povo.
Entón a suidade de Rosalía xa non foi a súa suidade, a que ela sentía como expresión dos seus persoales afás. Foi a voz resonante e imperiosa da terra galega, da alma de Galicia en degaros de perpetuación da súa vida, anovada pol-a man manseliña da arte. Xa non é Rosalía a que fala. Tremelucen nun espreguizo cordial, todo amor, as esencias específicas do noso ser, remanecen todol-os anceios de rexurdimento, que dormían o sono secular na friaxe infecunda do esquezo, no acougo resignado e silendeiro d’un longo inverno sin sol de espírito, que levara os fruitos â maturidade.
(...)

Victoriano Taibo, Discurso de ingreso na RAG, 15/10/1948.

MÚSICA: Francesco Landini c.1325-1397 - Ecco la primavera, interpretado por Řemdih
youtu.be/dTNl6ZTT35c
Popularity
  • Views: 754
  • Comments: 2
  • Favorites: 8
Dates
  • Taken: May 29, 2014
  • Uploaded: Feb 24, 2018
  • Updated: May 12, 2018