Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / ¡Non! berrei, fervendo en ira, encarándome c'o Papa.
Sindo Mosteiro / 5,362 items
Fotografía tomada coa vella Zenit-122 en setembro de 1991.

(...)
O Papa, n'esto, vestido
D'albos tisúes e brocados,
D'ouro e de pedras cinguido,
Alzóu con pulso seguro
A hostia, que á min de lonxe
Somellóume un peso-duro.
Voces enton arxentinas
Encheron a inmensa cúpula
D'unhas notas tan divinas,
D'unha música tan grata,
Que parez que a tocan ánxeles
Soprando en trompas de prata.
E logo outras voces inda
Máis doces e máis soaves
D'unha cadencia máis linda
Sentin, d'armonía tanta,
Que de perguntar ó vate
Non puden menos:—¿Quén canta?
—¡Quén ha de ser! ¡malpocados!
Quitóulles a igrexa o xénero;
Non tén nome; son... castrados.
N'a loita d'a santidade
Aquí a muller perde... a honra,
Y-o home... a virilidade.
Tal dixo Añon, e calóuse,
A tempo que d'o Tu es Petrus
O himno xigante escoitóuse.
—¡Non! berrei, fervendo en ira,
Encarándome c'o Papa—
¡O que che din é mentira!
Quen d'o vilipendio humano
Vive, non é Pedro, é Xudas;
Non é Cristo, é Diocleciano!
(...)

Manuel Curros Enríquez, O Divino Sainete, 1888.

MÚSICA: G.P.da Palestrina - Missa Ecce Sacerdos magnus - Kyrie
youtu.be/QoOp1aJ7RKQ
Popularity
  • Views: 1840
  • Comments: 31
  • Favorites: 33
Dates
  • Taken: Sep 1, 1991
  • Uploaded: Oct 6, 2015
  • Updated: Jan 9, 2021