Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Lume
Sindo Mosteiro / 4,728 items
Hai moitas cousas que empezan con labaradas ou pequenas
explosións:

Un paseo en coche
As festas do San Xoán
Blade runner
Os xogos olímpicos
A criatura de Frankenstein
O número circense do tragalumes
Unha visita ao Inferno
O amor
Unha canteira
O aninovo
Unha espada
Un peixe ao forno
Unha conversa cun dragón
Unha anana branca do espacio sideral
A cidade cincenta de Pompeia
A transformación de Pinoccio en neno real
Nagasaki hoxe
A apocalipse
Os ciumes
O Big Bang
O lanzamento dunha nave
O todo
A nada
Unha sopa quente con fideos de mamá

"O fogar estaba no centro da casa... para cada membro da
familia era coma o embigo da terra... ao seu redor reunían
todos para compartiren o xantar e a calor do lume. Era o
lugar de honor reservado para o hóspede ou visitante
ocasional".


O lume non é humano. Pero fíxonos homes. Para estar
neste mundo cómpre pasar polo lume: cauterizar unha
ferida, saltar nove veces unha lumieira, ver a salamántiga,
cociñar, experimentar o terror animal perante un incendio,
visitar aos bombeiros cando se teñen nove anos e choutar
na cama elástica de salvamento, enredar coas pastillas de
acendido, dicir o esconxuro da Queimada, martirizarse
nunha barbacoa, visitar refinerías de noite, prender un
misto no escuro...

"No Paleolítico superior, en Moravia (Chequia) utilizouse como combustible
a medula que penduraba dos ósos esnaquizados de grandes animais, coma
o mamut"

Estíbaliz Espinosa, Postal I e II dende a refinería [para o libro colectivo LUME]

MÚSICA: Ed Sheeran - I See Fire
youtu.be/2fngvQS_PmQ
Popularity
  • Views: 730
  • Comments: 5
  • Favorites: 16
Dates
  • Taken: Nov 26, 2011
  • Uploaded: Jul 18, 2015
  • Updated: Dec 27, 2018