Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / A reitoral de San Vicenzo de Ogrobe, tempo de esquecemento
Sindo Mosteiro / 4,730 items
(...)
Don Santiago Hermelo, o abade de Vilela era pequeno, e tan groso que semellaba un pipote de viño. Os feligreses, que o querían ben, chamábanlle, con moito agarimo, "o noso pipotiño". Sabía aconsellar, non tiña tan siquera o vezo de tabaco e líalles, despois do Evanxeo, cartas dunha irmá monxa que andaba nas misións, alá polas Américas, ou algún artigo de xornal do que fora gustante. Soupo facer boa xuntanza co aquelas xentes, por dado e xeneroso. Pero tiña o costume de valeirarse.
-¿Valeirarse?
-Si, home, si. A cousa debeu ser de sempre, pois xa no Seminario lle pasaba. Eu conózolle o mal porque fomos compañeiros en teoloxía. Alí, no Seminario, os máis diles eran fillos de labregos, afeitos a moita patacada, moitas fabas e moito pan, dieta que lles produz moitos gases. O caso é que o bó do Santiago Hermelo, gran comedor, andaba sempre cheo de vento, e de cando en vez valeirábase con moito estrundio polo canle secreto do corpo. Puxéramoslle "Botatronos", e quedoulle. Aínda llo siguen chamando en privado os cregos diste arciprestádego.

Ángel Sevillano, Historias do canizo, 1979.

MÚSICA: Ockeghem - Ma bouche rit et ma pensee pleure
youtu.be/Eo1dM_KLwbc
Popularity
  • Views: 920
  • Comments: 9
  • Favorites: 10
Dates
  • Taken: Jun 1, 2014
  • Uploaded: Dec 15, 2014
  • Updated: Dec 28, 2014