Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / Cruz da Santa Misión no Castro de Santa Mariña
Sindo Mosteiro / 5,362 items
Para cumplir a manda dunha rica señorona houbo unha Santa Misión na vila. Os frades pregadores apouvigaban os espritos petando en todas as concencias co seu terríbel "Dies irae". No derradeiro sermón homes e mulleres, baixo a pauliña do pregador, impaban de medo a condenarse. Entón o misioneiro, con voz esgalichada, anuncióu que ó mediar a noite tocarían a morto as campás da Eirexa, chamando ás almas ó arrepentimento. Sería o sinal para que se restituisen as honras e os proveitos roubados; sería un aviso do Alén para que os poseídos de resentimento soupesen perdoar.
Esta noite -decía o pregador- deixade as portas abertas, e os vosos nemigos entrarán a pedirvos perdón. Abride tamén os brazos para recibilos con ledicia, coma se fosen irmáns que volven de lonxe.
Aquela noite todos os veciños deixaron as portas abertas, de par en par, e agardaron sentados e cheos de aparente caridade cristián; mais no fondo do fondo das concencias fedelláballes o endiañado orgulo de perdoar homillando, ou o desexo malsán de descobrir nemigos encobertos. Abonda decirvos que o mesmo cacique don Andrés mandóu á criada que deixase as portas da casa abertas por si algún veciño arrepentido quixese pedirlle perdón...
E pasóu que todos se sentiron magoados de inxusticia, e dispostos a perdoar; pero ninguén sintéu necesidade de valdeirar na casa do próximo a folica dos pecados.
(...)

Alfonso R. Castelao, Os dous de sempre, 1934.

MÚSICA: G. Verdi - Requiem: Dies irae e Tuba Mirum
youtu.be/cHw4GER-MiE
Popularity
  • Views: 1636
  • Comments: 10
  • Favorites: 12
Dates
  • Taken: Feb 7, 2012
  • Uploaded: Oct 22, 2014
  • Updated: May 25, 2021