Meniña da terra nosa,
de verdes ollos de mar,
que do corazón a rosa
inda a tés por desfollar.
Un corazón do teu xeito,
cheo todiño de ardor,
sempre que treme no peito
aiña o escoita El-Señor.
Cand-o teu vaias pendel-o,
amorosa e soñadora,
no estrelecido mantelo
da Virxen Nosa Señora.
Cando estés do altar o pé,
meniña, rézalle pol-os
que orfos de amor e de fé
andan mundo adiante a rolos,
Pol-os que non teñen pan,
pol-os que non teñen leito:
por todos cantos están
sempre sin quentor no peito.
Na túa orazión encerra
a misma preganza a par:
por quen traballa na terra,
por quen traballa no mar.
Pero mais que ren, meniña,
a túa voz endereita:
por todo aquel que camiña
c-a vida torta e desfeita.
Meniña, que do teu peito,
como paxaro a voar,
vaia ese rezo dereito
a Virxen no seu altar.
Ai, que Nosa Nai de Deus
soubo na vida o que é dor,
i-a escoitar os pregos teus
pídelle aiña a El-Señor:
que abenzoe a nosa terra,
e que abenzoe tamén,
despois do estrondo da guerra,
tod-a paz do mundo. Amén.
Antonio Magariños Granda, Cambados, 1943.
MÚSICA: G. Carissimi- Historia di Jephte (Plorate Filii Israel)
youtu.be/AB5sDA7aztA