Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / O Cabanillas de Lucas Míguez
Sindo Mosteiro / 5,362 items
(...) Cando na terra nosa nace o poeta Ramón Cabanillas, hai que entender que xurde de tódolos séculos nosos, das sementeiras e das colleitas, das choivas e dos veráns, dos mortos e das cantigas, do pan e do lume, do viño e das dornas, das oracións nos labres e das rosas, das esmolas e dos ensoños, das máis brilladoras luces do espírito e das verbas do probe que pide por Deus a boroa nosa de cada día. Todo o que foi de nós, todo o que será de nós, fíxose home na pequena terra que nos foi dada aos galegos. Enchéuse este home, Ramón Cabanillas, de luz e cantóu. A poesía é a meirande das certezas, i é por eso que pode alentar nela toda a esperanza futura, todo o porvir dun pobo. Home libre, Cabanillas dixo as certezas galegas, as pasadas, as presentes, as futuras. Puxo a sede das bocas galegas no viño preciso. Puxo a fame das almas galegas no terrón xusto. Dixo por toda a nación sí e non, coma Cristo nos ensiña. Envellecéu a carón da fogueira por el acesa, e finóuse pra que todos chorásemos unha dura, triste soedá.
Pro no fardelo da poesía galega fican para sempre os versos seus, gaitas eternamente novas, que endexamáis cobrirá o pó. Non é de min o facer historia e crítica literaria, senón porme a escoitar nos ventos que pasan, nos ventos da terra e no vento mareiro, as verbas que Ramón Cabanillas encantóu, poeta con Galicia ao fondo. Chamáronlle Poeta da Raza porque a poesía de Cabanillas é unha das verdadeiras riquezas nosas, unha das luces brilladoras da estrela que a xente galega leva na fronte na hora do mencer.

Álvaro Cunqueiro, Tesouros novos e vellos, 1963.

MÚSICA: Berrogüetto.- Fusco
youtu.be/2W3K2OsgdU0
Popularity
  • Views: 929
  • Comments: 4
  • Favorites: 6
Dates
  • Taken: Nov 2, 2013
  • Uploaded: Jul 29, 2014
  • Updated: Dec 13, 2016