Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / A serea dos Mariño na Casa de Torrado na Cabana
Sindo Mosteiro / 5,362 items
Conta Joan Perucho no seu texto "Un Homenatge a Álvaro Cunqueiro", recollido no volume "Els Secrets de Circe", publicado en Barcelona no 1998, o inicio da súa relación de amizade con Álvaro Cunqueiro, cando se coñeceron en Cambados dun xeito bastante particular, poñendo en evidencia o que habería de ser a liña creativa de ambos escritores, na busca continua do máxico, inesperado, da fantasía e a ligazón coa terra e o universo simbólico popular en paralelo ás vellas tradicións literarias e lendarias de calquera parte do mundo. Perucho di que aquel encontro foi «contemplando xuntos o espectáculo fascinante que ofrecía a serea Pasitea, moi amiga do cabaleiro Kosmas, cantando e peiteándose os cabelos de ouro finísimo. Cunqueiro era descendente desta serea (inimiga mortal de Melusina de Lousignan), e o era por parte da rama dos Mariños de Lobeira. Brindamos cerimoniosos á súa saúde cunha copa de cristal traslúcida.»

MÚSICA: Rui Veloso - S. Miguel
youtu.be/z5zHwRPbEm4
Popularity
  • Views: 1373
  • Comments: 2
  • Favorites: 6
Dates
  • Taken: Sep 22, 2012
  • Uploaded: May 8, 2014
  • Updated: Oct 21, 2015