Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / O hórreo, a igrexa e as viñas do igrexario de Leirado
Sindo Mosteiro / 5,362 items
No proceso de expansión da adega cooperativa Martín Códax de Cambados, unha das adquisicións máis destacadas é todo o conxunto de parcelas en propiedade (as menos) e en alugueiro, así como edificios e bens onde elaboraren o viño baixo o amparo do Consello Regulador Rías Baixas e co selo diferenciado dos viños do Condado e O Rosal. Estes viños van ao mercado baixo varias marcas de Adegas Galegas, filial de Martín Códax, como son Don Pedro de Soutomaior, Veigadares, Dionisos ou Bago amarelo, e outra dependente máis directamente da matriz baixo a colección Alma Atlántica, co nome de Anxo Martín. As adegas sitúanse en Meder (Salvaterra de Miño) e Pazo de Almuíña (Arbo). Pola súa parte, as fincas xestionadas por Martín Códax son as do pazo de Almuíña (6 has. na eira e 14 has. en Liñares e Luneda), Goián (22 has.), igrexario de Leirado (6 has.) e A Bouza-Meder (2,5 has. en propiedade). Ademais é necesario adquirir certa cantidade de uva a un bo lote de familias colaboradoras dos concellos próximos. O tipo de uva utilizada aquí é maioritariamente albariño, pero tamén hai cantidades significativas de caíño branco, treixadura e loureira.

MÚSICA: Loreena McKennitt - Caravanserai
youtu.be/4QpRCK1IbiE
Popularity
  • Views: 918
  • Comments: 3
  • Favorites: 6
Dates
  • Taken: Sep 21, 2012
  • Uploaded: Jan 12, 2014
  • Updated: Dec 30, 2015