Fluidr
about   tools   help   Y   Q   a         b   n   l
User / SINDO MOSTEIRO / O tempo emboscado no pazo de Briones
Sindo Mosteiro / 4,859 items
O pazo de Briones, situado no lugar de Cacabelos da parroquia de Vilariño, no concello de Cambados, atópase hoxe en día nun estado deplorable, tanto no que respecta ás edificacións como á área de xardíns, bosque, prados e leiras, todo feito unha silveira que non permite albiscar os seus momentos de maior esplendor. A morte da súa dona hai uns anos, Petronila González Rovira, e o desacordo entre os herdeiros polas súas posesións, levaron a acentuar considerablemente a degradación do que noutro tempo era un pequeno paraíso. O cronista local, e historiador daquela maneira, José Caamaño Bournacell, xa dixera no ano 1957: "(...) en el lugar de Cacabelos se levanta el hermoso pazo del abogado cambadés don José González Fraga". Recentemente foron tronzados os centenarios piñeiros mansos para venderen a súa madeira e así pagaren unha uralita que dese abeiro á casa en perigo de afundimento. Moito me temo que a cousa continúe deste xeito e os vellos cipreses e outras especies corran a mesma sorte antes ou despois.

MÚSICA: Wojciech Kilar - Bram Stoker's Dracula movie soundtrack "Mina/Dracula"
youtu.be/U-OqlbrSDa0
Popularity
  • Views: 760
  • Comments: 3
  • Favorites: 3
Dates
  • Taken: Oct 28, 2012
  • Uploaded: Oct 13, 2013
  • Updated: Oct 16, 2013